A alternativa esperanzadora.

4 thoughts on “A alternativa esperanzadora.”

  1. Hai Sr. Igrexas,vaia xeito interesado de ler os resultados eleitorais. Agora resulta que o culpábel da merma cuantitiva de votos do nacionalismo galego é o proceso neocentralizador do estado (comprobe os votos nacionalistas bascos e cataláns) e a “oposición” interna do BNG. E logo esta organización non tén quen a dirixa? E logo os dirixentes desta organización non terán algunha miudiña responsabilidade pola súa xestión? fraco favor lle fai ao nacionalismo galego,Sr. Igresias,coa súa autocompracencia.

    Gústame

  2. Olá,

    Concordo con algunhas cousas, mais penso que lle das bastantes voltas, usando termois moi “bons” como fan os que lle chaman “crise” e algo que se ten que chamar CAPITALISMO, con todas as letras. Para negares, directamente os resultades malos no BNG, a pesar de ser positivo seguir con dous representantes en Madrid.

    Porén, quería, que te parases a pensar, en por que o BNG non gastou cartos en medios galegos como: Galicia Confidencial, Tempos Novos, Hermes & Atenea e outros varios… e só en LA VOZ DE GALICIA e FARO DE VIGO… non digo que non haxa que poñer publicidade neses medios populistas, pero se cadra, para gañar votos hai que sembrar, e iso non se fai ignorando aos poucos medios que temos…

    Por outro lado, non te podes queixar só do que publican “os outros” na prensa, cando dende a vosa revista online deixades caer perlas como: “A socidade galega ten que dar grazas por ter ao BNG”… ou “Sobra unto e falta cloro”…. un pouco de sentidiño, ou que somos eiqui? buscamos a perfección dunha raza como Hitler?

    Gústame

  3. Xa resolto o misterio, estou polo menos aliviado de salvar os dous deputados…
    Bufff!!!…, pasei todo o día cos collóns de garabata, (estiven de interventor nun colexio electoral e o reconto foi ben triste)…
    Ben, do que se falaba de IU, Equo…, eu, como Rhett Butler: francamente, querida, importame un carallo…
    A alegría da noite teño que recoñecer que veu de Catalunya e Euskalherria…
    E penso que cara isas nacións conviría mirar un pouco e ver que se pode aprender mutatis mutandi…
    Penso que haberá que afondar mais pola vía do soberanismo que pola do «esquerdismo» ou do «ecoloxismo», (sin querer decir que haxa que esquecer totalmente ises eidos, pero si redimensionalos ao nivel da importancia que dalle a maioría social na Galiza)…
    E si ben o «soberanismo» en abstrato tampouco é que pareza ser unha preocupación fulcral da sociedade galega, ao mellor, si a concretizamos nun soberanismo «económico», (competencias e autonomía fiscal e económica), como fan os cataláns coa reivindicación dun concerto, ou como fan os vascos defendendo a sua singularidade fiscal, pode que o soberanismo chegue a facerse oco entre as prioridades dos galegos…
    Eidos de traballo?… Pois o tema do perdido sistema financieiro galego, o dun sistema fiscal propio mais xusto, que por exemplo racaude mais de patrimonios ociosos e non productivos, que premie a creación e mantemento de emprego, (non é normal que paguen o mesmo imposto de sociedades duas empresas que teñan beneficios de por exemplo 1.000.000 de euros, pero unha sexa unha empresa especulativa sin mais persoal que o xerente e a outra teña unha fábrica con mil traballadores de platilla), que aplique os impostos onde se xera a riqueza e non onde teña a sede social, (como pasa coas plantas hidroelécticas de ENDESA, Gas Natural o Ferroatlántica coas súas sedes sociais en Madrid ou Barcelona e as centris no Miño, Sil, Eume, Xallas ou Tambre)…

    Gústame

  4. Obrigadísimo a todos por comentar.

    Xesús, lamento que interpretes como autocompracencia o que pretendeu ser unha análise ponderada. Gostaría de poder falar dun “incremento” no apoio electoral, mais para min un descenso tan atenuado é un bó síntoma, do que me alegro. En relación ao último que apontabas, só un dato: publiquei esta análise persoal despois de ter manifestado a miña avaliación nos órganos internos do BNG no que tiven oportunidade de o facer. Creo que ese factor é importante.

    Navegante, sobre as insercións publicitarias en campaña descoñezo cal foi o procedemento e os seus criterios. Porén, de procurarmos a máxima eficiencia comunicacional non parece desacertado concentralas precisamente nos medios de maior audiencia, malia que non nos sexan simpatizantes. Con isto non poño en cuestión que se poidan colocar tamén noutros medios.

    Costa da morte, concordo na necesidade de maior énfase discursiva no soberanismo. Lamento iso si, que quen hoxe está a cuestionar internamente a orientación de esquerda, non o faga pensando en profundar na dimensión autodeterminista, apenas intúo moderación transversal: socialdemocracia suave e autonomismo esixente. Mais ti mesmo apontas que a soberanía para ser efectiva debe asentarse nunha economía autocentrada. Como defendeu Guillerme hai meses: queremos soberanía para rachar co neoliberalismo imperante no Estado español.

    O dito, grazas a todos por adicarme un chisco do voso tempo.

    Gústame

Os comentarios están pechados.