Sis mesos

Hoxe cumpríronse seis meses da celebración do referendo de autodeterminación que cunha participación de máis de 2,3 millóns de catalás e cataláns, e cun 90% a prol do ‘si’, lexitimou democraticamente a proclamación da independencia do 27 de outubro. Unha independencia en suspenso in extremis, e parece que como resultado da presión de sectores do … Seguir lendo Sis mesos

Catalunya: desobediencia ou repregamento

Catalunya vive sumida nun impasse. Nunha paréntese. Nun estado de suspensión. Como suspendida fica a declaración de independencia do 10 de outubro do ano pasado, e suspendido está o estreito marco do autogoberno autonómico. O soberanismo foi quen non só de aglutinar unha indiscutíbel maioría social a prol da causa da independencia nacional, senón de … Seguir lendo Catalunya: desobediencia ou repregamento

[NUM1NUTO] (In)xustiza de clase. Do funil á dobre vara de medir.

A xustiza é trending topic. Máis ben a falla dela ou, polo menos, a xeneralizada percepción social da súa ausencia. Estes días volvemos comprobar como a cartografía da impunidade fica en permanente expansión. O fastío e a desafección do povo face a corrupción estrutural agroman, máis unha vez, como bollas empurradas polo ciclo de noticias. No … Seguir lendo [NUM1NUTO] (In)xustiza de clase. Do funil á dobre vara de medir.

Mobilización, mobilización, mobilización.

O electoralismo é un narcotizante de enorme potencia. En Galiza, infelizmente, a influencia determinante da axenda política española, alargada coa parcería entusiasta das franquías rupturistas, logrou facer penetrar en amplas capas sociais do noso país a falsa expectativa de que a solución aos graves problemas (sociais, económicos, ambientais…) que padecemos, chegaría maxicamente por man dun determinado resultado electoral. Na súa versión máis tóxica, esta tese chegaba a defender que a derrota das políticas de saqueo que aplican os gobernos do PP na Xunta e no Goberno español, só precisaba dunha outra correlación parlamentar no Pazo do Hórreo e no Congreso. Sen cuestionar, claro, o marco de dependencia xurídico-política e económica que nos estrangula como país e como povo. Como se a Troika non existise. Como se o noso papel periférico nun Estado membro da UE, o euro e a OTAN, en nada incidise. Como se a falla de soberanía política non fanase a nosa capacidade de mudar o rumo. A transformación reducida á alternancia gobernamental. Sempre a mesma trampa.  Seguir lendo “Mobilización, mobilización, mobilización.”

Unha marmota chamada España

Os resultados das eleccións xerais do pasado 26D confirmaron o que xa se sabía. O día da marmota no que semella estar instalada a política estatal, só visa que o statu quo fica intacto. O bipartidismo sistémico (PPSOE) lonxe de esfurricar, gañou alento, reforzando o seu papel para garantir que nada, absolutamente nada, se mova para alén do raquítico marco do posíbel, delimitado polos lindes xerais de toda democracia formal capitalista e pola inserción no euro, na UE e na OTAN.  Seguir lendo “Unha marmota chamada España”

Do 20D ao 26X e o statu quo español intacto

A repetición de eleccións xerais só beneficia ás forzas do statu quo a nivel estatal. Especialmente a un Partido Popular que terá unha inmerecida segunda oportunidade para, modificando lixeiramente a correlación de forzas a nivel parlamentar, optar a un segundo mandato no Goberno español. Catro meses de negociacións, de tirapuxas, de declaracións e de moito teatro. A política reducida a escenificación, como visa a proposta no último minuto dun pretendido Acordo de El Pardo, que nin desde a máis absoluta inxenuidade podería terse materializado.  Seguir lendo “Do 20D ao 26X e o statu quo español intacto”