Benegoloxía, táctica e estratexia.

A convocatoria da vindeira Asemblea Nacional Ordinaria do BNG, que haberá que ver se fica adiada por mor do adianto electoral (opción que parece a máis razoábel), produciu un reponte no intenso axer dos máis diversos benególogos. Opinadores curiosamente articulados -na súa práctica unanimidade- en posicións de moderación ideolóxica en comuñón co posibilismo electoral da súa vocación reformista de escaso alcance transformador. Pode resultar inxusto desbotar que eses contributos non partan dunha vocación de achega en positivo, mais a evidencia empírica refuga desa opción, deixando entrever que tanta benegoloxía non pode ser amor, senón o contrario.

Non cuestiono o dereito a discrepar, a criticar e mesmo abxurar de calquera aspecto ou da totalidade da liña política e/ou modelo organizativo do BNG. Reclamo o meu para disentir desa discrepancia monolítica que sempre cuestiona precisamente os aspectos máis incisivos e audaces da liña política e das propostas do nacionalismo galego, en favor das teses máis acomodaticias e conservadoras.

Seguir lendo “Benegoloxía, táctica e estratexia.”

Soberanía, democracia e traballo.

Vista da ateigada Praza da Quintana este 25X (máis imaxes aquí e aquí)

Así reza o lema co que o Bloque Nacionalista Galego convoca a manifestación nacional do Día da Patria Galega deste ano. De seguro que seremos milleiros de compatriotas comprometidas/os con este pobo e con esta terra as e os que ateigaremos as rúas de Compostela nun exercicio de dignidade nacional que nada ten de ritual, e si moito de significado.

Porque se algo amosou, con meridiana claridade, este primeiro treito da crise sistémica do capitalismo neoliberal é que é o movemento nacionalista galego, co seu efectivo carácter popular e a súa natureza emancipadora, a única alternativa, o único proxecto político, que actúa de xeito decidido en defensa dos intereses das clases populares do noso país. Todos os ataques antisociais perpetrados polo PPSOE, chámense reforma laboral ou das pensións, chámense precarización dos servizos públicos ou contrareforma da negociación colectivos, todos, toparon coa oposición frontal do nacionalismo galego.

Seguir lendo “Soberanía, democracia e traballo.”

22-M: factores, causas e conclusións para o nacionalismo galego

Compre rachar definitivamente coas inercias que supeditan a organización á representación institucional

Se ben os resultados obtidos polo nacionalismo galego nos comicios municipais do 22 de maio non foron positivos, tampouco representan a debacle que interesadamente denuncian precisamente os inimigos da causa nacionalista. Pola súa natureza, tratándose dunhas eleccións locais é moi complexo tirar conclusións de carácter xeral ou que afecten a espazos supramunicipais.

En todo caso cabe apuntar algunhas cuestións.  En primeiro lugar o Partido Popular tivo en Galiza un polo de especial resistencia contra da súa ‘maré azul’ coa que varreu a nivel estatal ao social-liberalismo (PSOE); neste feito, dado o acentuado descenso do PSdG, xogou un papel relevante a fortaleza social do nacionalismo.

Seguir lendo “22-M: factores, causas e conclusións para o nacionalismo galego”

Máis perfil propio do Bloque.

En todo caso, os resultados verifican a necesidade de consolidar e profundizar no perfil político do BNG como alternativa transformadora e emancipadora

Ao fío dos resultados electorais do pasado 22 de maio, hai quen semella querer dar marcha atrás no axeitado proceso de cambios iniciado trala Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG que escolleu a Guillerme Vázquez como portavoz nacional, e que resituou o Bloque no seu propio espazo ideolóxico.

Nese senso, cabe desexar que trala pomposa, mais baleira, proposta de refundación non se agoche a vella pretensión de rebaixar o perfil ideolóxico da fronte nacionalista para reincidir no posibilismo electoralista que provocou unha forte desafección na base social do Bloque.

Seguir lendo “Máis perfil propio do Bloque.”

En Bloque rumbo ao 22-M.

A nivel discursivo volvemos escoitar o mellor BNG de sempre, sen imposturas, sen grandilocuencias, sen xestos baleiros.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/jtP92RqOzM0" width="520" height="320" wmode="transparent" /]

O BNG acaba de saír da Convención Nacional Electoral, que realizou a fin de semana pasada en Compostela baixo o lema Coa túa forza hai futuro, amosando músculo. A fronte patriótica despexou, nun ateigado e vibrante auditorio do Pazo de Congresos, calquera dúbida a respecto da súa fortaleza.

Baixo unha escenificación austera, máis inzada de logotipos do BNG e de bandeiras da patria, o Bloque deixou patente que a diferenza doutras opcións vaise presentar aos vindeiros comicios municipais sen subterfuxios, sen agochar os seus sinais de identidade, sen disimular o que o define como un proxecto político nacionalista e netamente de esquerdas. Seguir lendo “En Bloque rumbo ao 22-M.”

Revisitar a Castelao.

Mergullarnos con frecuencia na súa obra é a mellor ferramenta da que dispomos para combater contra quen o deforma e caricaturiza.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/tnI3b2h3M7U" width="520" height="320" wmode="transparent" /]

Hoxe, día 7, é a data do 61º cabodano do falecemento do noso compatriota Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Este ano a data anticipa o 125º aniversario do natalicio do grande pensador do nacionalismo galego que dará inicio o vindeiro día 30 de xaneiro.

Para facer fronte a intoxicación que tenta deformar a súa obra, e nomeadamente o seu pensamento. Fronte ao cinismo de quen o reivindica cara a galería, negándoo cada intre coa súa prática. Fronte a quen pretende afogalo na xeneralización difuminadora, elevándoo a unha abstracción mitificante que de sempre el refugou. Para combater a quen -hoxe coma onte- prostitúe o seu nome e o seu verbo, a mellor ferramenta da que dispomos e visitármonos e revisitármonos con frecuencia a súa obra, beber dela, mergurllarnos nela, sen dogmatismo mais con compromiso, principiando pola obra alicerce do seu -do noso- pensamento, o “Sempre en Galiza”, do que aproveito para deitar un fragmento que coido ben actual: Seguir lendo “Revisitar a Castelao.”

“É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua”

Culpabilizar ao nacionalismo galego da situación do noso idioma é tanto como acusar ao movemento anti-apartheid da discriminación racial que combatía.

Conforme o debate/polémica encol da necesidade (ou non) de reformulación do discurso que ha de soster o movemento de defensa da lingua xurdido ao abeiro do Informe IGEA, máis ás claras vai quedando o que realmente subxace tras del. Baixo esa aparente pretensión de remozar e anovar o discurso en defensa do galego agroman cada vez con maior claridade posicións que teñen intencións ben diferentes. Disto xa falei nun recente artigo, ao denunciar a intención oculta de aproveitar este debate sobre o xeito no que actuarmos para modificar os obxectivos da nosa actuación.

Mais hai algunhas intervencións públicas que resultan tremendamente preocupantes por presentar “argumentacións” certamente inaceptábeis. Unha das que maior indignación me provocou é da autoría de XOsse Dorrío, que nun comentario no grupo de Facebook “Debate sobre un novo discurso lingüístico” -impulsado por Filipe Diez-, que é un dos puntos da Rede onde se está a concentrar o intercambio de pareceres que algúns queren elevar á categoría de debate, deitou a barbaridade que vos presento a seguir: Seguir lendo ““É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua””