A voltas co debate das ideas.

Manuel Mera publicaba recentemente en Vieiros un artigo baixo o título “O debate das ideas” no que reflexionaba arredor do futuro do movemento nacional popular galego, analisando diferentes cuestións, dende os défices na comunicación social das alternativas de esquerda até a falta de formación da militancia. Concordo no fundamental co enumerado por Mera no seu … Seguir lendo A voltas co debate das ideas.

Nada que engadir…

Nos tempos da imposición da estética, do factor formal sobre o fondo.; do continente sobre o contido; das maneiras do discurso fronte a mensaxe que o nuclea… Agradecense actos de disidencia perante esta dictadura da mediocridade, que amparada baixo a beizón do politicamente correcto e do talante impostado, só serve para enlamar os debates necesarios. … Seguir lendo Nada que engadir…

25 de xullo: “Verba movent, exempla trahunt”

Recentemente o portavoz nacional do BNG e primeiro Vicepresidente nacionalista do Governo Galego na historia, Anxo Quintana, co gallo da celebración do Día da Patria Galega, publicaba no semanario A Nosa Terra un interesante artigo no que facía constar as súas reflexións encol da situación do país e do nacionalismo. Porén, o máis destacábel dese … Seguir lendo 25 de xullo: “Verba movent, exempla trahunt”

Quérote, non te quero

Nos últimos tempos temos asistido á posta en escena, unha vez máis, dunha hipotética aproximación por parte do Partido Popular de Galicia co BNG, na que mesmo Núñez Feijoo non descarta a posibilidade de pactos post-electorais co Bloque. A estratexia non é nova, pero segue a darlle resultados positivos aos populares. O PP tense significado … Seguir lendo Quérote, non te quero

Cando a brétema non deixa ver (Réplica a M. Bragado)

Contaronme que o meu artigo recentemente publicado en Xornal.com (e que viu a luz tamén noutros medios) baixo o título “O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia” tivo a suficiente sona como para suscitar comentarios do máis diverso tipo, e mesmo a reacción de Manolo Bragado, autor do blog Brétemas. Marcos Valcarcel tamén … Seguir lendo Cando a brétema non deixa ver (Réplica a M. Bragado)

O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia.

Recentemente tense desatado un polvorín meiático e público, máis artificial que espontáneo, encol do que se ten denominado na Rede como “caso Valadés”. Pedro Gómez Valadés é o Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel, AGAI, e era responsábel da área de cultura e lingua da Executiva Comarcal do BNG de Vigo. O problema, … Seguir lendo O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia.