Contaronme que o meu artigo recentemente publicado en Xornal.com (e que viu a luz tamén noutros medios) baixo o título “O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia” tivo a suficiente sona como para suscitar comentarios do máis diverso tipo, e mesmo a reacción de Manolo Bragado, autor do blog Brétemas.
Marcos Valcarcel tamén me menciona nun texto que vai entre unha especie de manifesto e unha malgama de acusacións, cargadas de nostalxia. Grazas a ambos por ter lido o meu artigo, por facer referencia e publicidade del na Rede e mesmo por calificarme de “valor emerxente” do BNG, inda que modestamente coido que resulta algo exaxerada a calificación.
O certo é que semella que molestou que contestase esa campaña de intoxicación mediática que Pedro Gómez Valadés continua a espallar, aproveitando cada entrevista para poñer o nome dun acusado de “estalinismo”. As filtracións intencionadas dos debates do BNG non abondan e Valadés complementaas co que vai camiño de ser unha lista de proscritos.
Sorprendenme estas reaccións, porque resulta paradoxal que cando se asoma unha opinión diferente e contraria á tese mantida por Valadés e o seu grupo de afíns, os que din defender o direito á libre expresión, mesmo aludindo á Constitución Española, carguen as súas plumas contra quen visibilizou que contrariamente ao que de maneira deliberada se pretende difundir desde os amigos de Israel, no BNG somos moitas/os as/os que sen ser sospeitosos de filo-nazismo, nen de ter un talante extremo ou dogmatico, denunciamos que existe unha incompatibilidade evidente entre ser dirixente do BNG e ser presidente dun lobbie pro-israelí.
Falán de linguaxe dos 70, repasan coa nostalxia do victimismo extemporáneo presuntas persecucións a causa do seu presunto pensamento de vangarda… Pero non adican nen unha liña a contrapor argumentos a esos “pobres argumentos” que di Bragado, son o cerne do meu artigo.
En algo teñen razón, algúns gardamos silencio varias semanas, mentras presenciabamos atónitos e decepcionados o espectáculo mediático azuzado por Pedro Gómez Valadés, para conseguir á desesperada un escudo público que inviabilizase calquer tipo de resposta orgánica e/ou disciplinaria conforme o regulado nos estatutos do BNG. Calamos por respeito e por lealdade para con a fronte da que formamos parte. Calamos por responsabilidade. Pero cando o inexistente e rotundamente falso linchamento a Valadés se convertiu nun linchamento ao BNG, con pulsos ao seu voceiro nacional, cartas e moita prensa, era imprescindíbel remangarse e meterse neste lodazal dialéctico para facer presente que algúns pensamos diferente.
Hoxe o relator especial da ONU para os Dereitos Humanos en Oriente Próximo, John Dugard, dixo que a ocupación israelí nos territorios palestinos “ten elementos de colonialismo e apartheid“. Supoño que Dugard non poderá ser acusado de stalinista instigador de linchamentos, nen de maniqueo.
Hai algo que cando fica claro, algúns non imos amparar ningún apartheid nen a defender estados imperialistas, e menos inda por colgarnos a medalla de neo-progres de vangarda.
Sei que ás veces é dificil ver entre a brétema, pero non hai peor cego que o non quere ver.
===
Publicado en Xornal.com o 23/03/07, en MundoGaliza o 23/03/07.