O avanzo do 29M

O éxito da folga xeral do pasado 29 de marzo é indiscutíbel. O paro laboral e produtivo rexistrado durante a xornada na meirande parte dos sectores -e nomeadamente no ámbito industrial- foi masivo, como masivas foron as mobilizacións convocadas polo sindicalismo nacionalista e de clase.

Máis de 200.000 traballadoras e traballadores manifestáronse ese día coa CIG. Este dato encerra unha especial relevancia, non só por demostrar a capacidade mobilizadora do movemento nacionalista galego, senón sobre todo polo valor cualitativo. Mentres UGT e CCOO convocaron a folga xeral co obxectivo de sentar a negociar ao goberno Rajoy, a CIG fíxoo para esixir a retirada completa da última contrarreforma laboral. Esa diferenza e o nulo compromiso das centrais españolas por manter a loita no tempo, motivaron que o sindicalismo nacionalista convocase mobilizacións propias. Foi, máis unha vez, o entreguismo sindical de CCOO e UGT o que impediu a unidade de acción, non ningún afán isolacionista da CIG como inxustamente acusaron os media.

Seguir lendo “O avanzo do 29M”

Anticapitalismo vs social-liberalismo: Miren Etxezarreta vs Marc Vidal

Comparto aquí un vídeo do programa Ágora de TV3, no que se inclúe un interesantísimo diálogo-debate entre Miren Etxezarreta e Marc Vidal.  Miren é catedrática emérita de Economía Aplicada da Universidade de Barcelona, doutora pola London School of Economics e activista do Seminari Taifa d’ecomia crítica. Marc, pola súa banda, é un analista económico dedicado profesionalmente ás star-ups … Seguir lendo Anticapitalismo vs social-liberalismo: Miren Etxezarreta vs Marc Vidal

Exerzamos de 99%

Mañá a clase traballadora galega estamos convocada a exercer a nosa máxima forma de protesta: a folga xeral. A folga do 29 de marzo ten por obxectivo lograr a retirada da última contrareforma laboral, aprobada por decreto polo goberno Rajoy, mais non só. Non é unha convocatoria finalista, senón un paso máis no necesario combate social contra do paquete de medidas antisociais e recorte de dereitos co que a clase dominante, a través dos seus gobernos vasalos, pretende cargar os custes da crise sistémica do capitalismo sobre a maioría social.

O éxito, seguro, da folga de mañá non será a fin de nada, senón un chanzo máis nun proceso, unha batalla máis (inda que importante) nun conflito -a loita de clases- que non parece doado pero do que non podemos fuxir. A gravísima agresión que representa a reforma laboral non é o problema, senón apenas un dos seus síntomas. Houbo outros (anterior reforma laboral, empobrecemento das pensións, suba inxusta de impostos…) e haberá máis (recortes de dereitos, destrución dos servizos públicos…).

Seguir lendo “Exerzamos de 99%”

Do 10 ao 29 (de marzo)

As previsións macroeconómicas do goberno do PP confirmaron a semana pasada o que xa sabíamos. A política de recortes e empobrecemento dos salarios e pensións resultará en milleiros de postos de traballo destruídos.

O propio Rajoy asume indolente que as medidas antisociais do seu goberno sumarán como mínimo 600.000 paradas/os máis, colocándonos ás portas dos 6 millóns a nivel de Estado.

Seguir lendo “Do 10 ao 29 (de marzo)”

Onte, 3 de marzo.

Onte foi 3 de marzo. Hai 36 anos a policía española, daquela baixo o franquismo, asasinou a sangue fría a cinco traballadores en Vitoria-Gasteiz, no marco dunha cruel e violenta represión a unha folga xusta. Aquela decisión tivo responsábeis. Os ‘asasinos da razón’ teñen nomes e apelidos, por máis que as interesadas axiografías recentes pretendan … Seguir lendo Onte, 3 de marzo.

Fartas/os deste saqueo

As rúas de Vigo, como outros moitos lugares de Galiza e do Estado, levan moitos meses sendo un fervedoiro. A cidade olívica ruxiu con importantes, e nalgún caso masivas, mobilizacións en contra dos efectos sociais da crise do capitalismo neoliberal.

As exitosas folgas xerais do 29 de setembro de 2010 e do 27 de xaneiro en 2011, as sucesivas manifestacións e actos de protesta en defensa dos sectores produtivos da comarca –naval, automoción…– e contra o desemprego, ou as mobilizacións do pasado domingo –nas que se clamou pola folga xeral– constatan o clima de combatividade social que latexa entre a xente, farta de tanto saqueo.

Seguir lendo “Fartas/os deste saqueo”

Folga xeral indispensábel

A situación de desemprego na nosa comarca, con 70.000 paradas/os, e o continuado desmantelamento de importantes sectores produtivos, como a construción naval, debuxan un escenario de emerxencia.

Situación que ven de ser agravada polo acordo de CC OO e UGT coa patronal, que recunca na perda de dereitos, e cunha nova reforma laboral que por decreto precariza até o extremo as condicións laborais.

Seguir lendo “Folga xeral indispensábel”

En marcha cara unha nova Folga Xeral.

Onte culminou en Compostela a Marcha Galega polo Emprego promovida pola CIG, coa chegada á capital de Galiza das camiñadas de paradas e parados provintes de diversos puntos do país.

Foi unha acción reivindicativa de marcada significación, pois era expresión da indignación organizada. Porque a indignación sen que esta se traduza nunha actuación articulada, e polo tanto necesariamente organizada, corre o risco de se converter nun lamento gratuíto, nun disparo ao ar, en mera expresión de cabreo.

Seguir lendo “En marcha cara unha nova Folga Xeral.”