Si, é o discurso

Non é novo o desprezo cara ao discurso na análise política, nomeadamente á hora de debullar determinados comportamentos electorais. Ao fío dos resultados do pasado 20D, lense e escóitanse algunhas valoracións que teiman en insistir nesa chave, como unha manifestación máis do paternalismo co que se adoita infantilizar –consciente ou inconscientemente– o electorado.

Seguir lendo “Si, é o discurso”

Abstención inútil.

A participación, e o acceso a unha información veraz, son os alicerces sobre os que se debe construír unha democracia real. É certo que para os que defendemos e reivindicamos unha verdadeira democracia popular, a actual formulación non colma as nosas aspiracións. É certo tamén que existen opcións políticas que tanto co seu discurso como … Seguir lendo Abstención inútil.

Fotocopias e diáspora

A Xunta Electoral Central ven de dar instrucións para que os votos procedentes do CERA estean obrigatoriamente acompañados dunha fotocopia do DNI ou do pasaporte do votante. É un pequeno paso, pero completamente insuficiente. O único que ten ten de positivo esta medida é o feito de que dificulte o traballo dos “recolledores” de votos … Seguir lendo Fotocopias e diáspora