Un ano despois, aquí estamos.

Veño de desempolvar o meu (outro) blogue “Desde o barrio”, no que falo do que sucede na cidade desde a perspectiva que me dá ser parte do movemento veciñal, cunha entrada na que fago unha sucinta valoración deste primeiro ano ao fronte da Federación Veciñal. Deixo aquí un fragmento: Xa pasou pouco máis dun ano … Seguir lendo Un ano despois, aquí estamos.

A vixencia do movemento veciñal.

O xornalista Manuel López Prado publicaba estes días noutro xornal un duro artigo contra do movemento veciñal baixo o gráfico título de “O obsoleto movemento veciñal” (ler aquí).

López Prado comezaba o seu ataque xornalístico afirmando que dos gloriosos anos que converteran ao veciñal nun dos principais movementos sociais na vida sociopolítica de cidades tan relevantes coma Vigo, hoxe tres décadas despois ficaba de capa caída. Falou de presuntos controis partidistas da Federación Veciñal daquela cidade, e da actitude bélica de Abel Caballero en contra desta.

Pero o cerne ficaba ao final da columna, no que desacreditaba as persoas que compomos a candidatura plural que dará o relevo ao actual equipo directivo da federación veciñal viguesa, após un proceso democrático de censura avalado por 19 das 35 asociacións federadas. As mesmas que nos propoñen a cada un dos integrantes da candidatura, para asumirmos o reto de colocar o movemento veciñal na senda que nunca debeu abandonar, que non é outra que a dos seus principios fundacionais de democracia, unidade, independencia e reivindicación.

Seguir lendo “A vixencia do movemento veciñal.”

Acto de GN en Vigo pola Autodeterminación!

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova de Vigo organiza un ACTO PÚBLICO, no marco da campaña “A nosa lingua, a nosa nación, Autodeterminación!”, mañá domingo 6 de decembro (día da Constitución), e que ten por obxecto aproveitar esa data para reivindicar o dereito de libre autodeterminación e a defensa do noso idioma, que a actual consitución … Seguir lendo Acto de GN en Vigo pola Autodeterminación!

Ofensiva municipal contra o galego.

A regresiva posición contra o galego do Partido Popular, que amosa hoxe a súa faciana máis españolista por ser refén das teses de grupúsculos reaccionarios e ultraminoritarios como Galicia Bilingüe, non é nin unha pose finxida nin un mero xesto electoralista orientado aos sectores máis colonizados. Trátase dunha aposta táctica firme, que nace dunha concepción de calado ideolóxico, e que nos guste ou non ten incidencia nalgúns sectores da nosa sociedade.

A interpretación triunfalista e desenfocada dos resultados electorais que devolveron ao PP ao goberno da Xunta, explica en boa medida a insistencia nesa estratexia. Pensa o PP de Feijóo que teimar na cruzada contra o galego daralle positivos réditos electorais futuros. Veremos se esta ofensiva non se lle volve en contra, tendo en conta a crecente oposición social e dos procesos mobilizadores que se desenvolverán ao longo do outono.

Seguir lendo “Ofensiva municipal contra o galego.”

Despedindo que é xerundio.

O Goberno galego acaba de destinar recentemente preto de 10 millóns de euros, para tentar axudar, disque, o sector do automóbil en Galiza, e impedir dese xeito despedimentos. Este tipo de medidas colocan inevitabelmente a administración pública como refén das chantaxes da patronal. Demóstrao o feito de que inda con ese desembolso substancioso, Citroën afirmase … Seguir lendo Despedindo que é xerundio.