Nova traizón á clase traballadora.

Coa sinatura por parte de CCOO e UGT con CEOE e CEPYME do denominado ‘II Acordo para o emprego e a negociación colectiva’, o pasado 25 de xaneiro, profúndase na desregulación do mercado laboral e na precarización das condicións de traballo, do que xa era expresión o anterior acordo equivalente asinado baixo o patrocinio de Zapatero.

Hoxe, como daquela, o sindicalismo entreguista de matriz española xustifica esta nova serie de cesións en beneficio da patronal en base á excepcional situación de crise. Como se a crise sistémica do capitalismo neoliberal fose consecuencia das excelentes e inasumíbeis condicións de traballo e non se desatase pola cobiza especulativa do capital financeiro, baixo o campo aberto que para tal fin creou o neoliberalismo -coa activa complicidade da socialdemocracia oficial- reducindo á mínima expresión a participación pública, dos Estados, na economía.

Seguir lendo “Nova traizón á clase traballadora.”

Entreguismo de CCOO e UGT.

Comisións Obreiras e UGT estarían en disposición de asumir e avalar o groso da reforma que procura a precarización das pensións públicas.

O anuncio de Comisións Obreiras e UGT no que as centrais españolas descartan a celebración dunha folga xeral en xaneiro volve amosar o entreguismo das cúpulas deses sindicatos. Porén, o máis grave desta decisión é o seu argumento. Seguir lendo “Entreguismo de CCOO e UGT.”