Á rúa contra o saqueo

Hoxe primeiro de maio é unha data para a reivindicación. Non por liturxia. Non por costume. Hoxe temos motivos e razóns abondo para nos mobilizar co gallo do Día do Internacionalismo Proletario.

Ás contrareformas laborais e das pensións o goberno central do PP suma -cada día- novos recortes. E o executivo español inda ameaza con máis golpes contra as clases populares. Cada venres un nova puñada aos dereitos sociais e aos servizos públicos, como xa advertiu esta fin de semana o propio Rajoy.

Seguir lendo “Á rúa contra o saqueo”

A Xunta do escándalo.

Tralo regreso do Partido Popular ao goberno da Xunta de Galiza, non hai semana sen escándalo ou sobresalto. Os cen primeiros días de Feijóo ademais de demostración empírica de que o PP carece dun proxecto para o país, que vaia alén de empregar Galiza como territorio-catapulta para devolverlle á dereita o goberno do Estado, deixaron ás claras que coma ben advertira o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, trala imaxe de aparente modernidade e do perfil tecnócrata, achábase a dereita españolista e antisocial de sempre.

A enquisiña ad hoc contra o galego no ensino, a vergoñenta actuación no debate sobre o novo financiamento, a posición antiobreira nos conflitos laborais de maior relevancia (Metal, Caramelo…), a derrogación interesada do plano eólico do bipartito para beneficiar aos amigos, as contradicións en relación á cidade da Cultura, o incomprensíbel cambio no logo do Xacobeo, a submisión aos intereses da metrópole madrileña en relación ás caixas galegas, a censura nos medios de comunicación públicos (coa exclusión na grella televisiva e radiofónica de programas incómodos), a pretensión de derivar pacientes en lista de espera á sanidade privada, a absoluta parálise en materia de políticas de benestar (facendo desaparecer maxicamente 15.000 dependentes), o anuncio da barra libre urbanística para os concellos, a suspensión do rexistro de demandantes de vivenda pública, as viaxes de autobombo a Madrid (se cadra para render contas diante da Metrópole) ou o bochornoso espectáculo ofrecido a conta da pantomima do AVE (que se retrasa sine die), poderían ser algúns exemplos ao chou da acción do executivo que preside o televisivo Núñez Feijóo, que semella sentirse máis cómodo no sofá de Buenafuente que exercendo o seu cargo. Porén, hai tres escándalos, sobre os que, por diversas razóns, vou determe en maior profundidade.

Seguir lendo “A Xunta do escándalo.”

Conformismo e derrota

Lin onte unha entrevista a Xan María Castro, secretario xeral de CCOO en Galiza, en Xornal de Galicia. O que provocou en min o interese en lela de vagar foi unha das citas destacadas na cabeceira, nas que o líder galego de Comisións Obreiras dicía preferir que a xente teña emprego temporal a que non … Seguir lendo Conformismo e derrota

Máis información sobre as mobilizacións contra as 65h

Hai pouco colgaba nunha entrada do blogue información sobre a convocatoria de mobilizacións da CIG contra da Directiva europea do Tempo de Traballo. Amplío neste post a información dada. Mobilízate coa CIG o día 7 de outubro CONCENTRACIÓNS A Mariña: Ás 11:00 horas no concello de Cervo. A Coruña: Ás 12:00 horas, diante da Subdelegación … Seguir lendo Máis información sobre as mobilizacións contra as 65h

Non ás 65h

O Bloque Nacionalista Galego xa manifestou de maneira reiterada a súa oposición á disparatada e antisocial “Directiva Europea sobre o Tempo de Traballo” que prevé xornadas laborais de até 65h semanais, e está a presentar mocións nos concellos, parlamento galego e cortes do estado nas que se pide o rexeitamento desta medida regresiva. Pola súa … Seguir lendo Non ás 65h