“Opresivo e gris? NON, crecer no comunismo foi a época máis feliz da miña vida”

Polo seu interese reproduzo aquí (traducido por min ao galego) este artigo de opinión de Zsuzsanna Clark, quen medrou en Hungría Socialista durante as décadas dos 70 e os 80, e posteriormente en Gran Bretaña. Nel narra as súas vivencias e realiza interesantes reflexións, que contrastan co discurso dominante sobre a vida nos países socialistas. Foi publicado no Dailymail e traducido ao español en El Pravda.

Cando a xente me pregunta como era crecer detrás do telón de aceiro en Hungría nos anos setenta e oitenta, a maioría espera escoitar contos de policía secreta, as colas de pan e outras declaracións desagradables sobre a vida nun estado de partido único.

Eles quedan sempre decepcionados cando lles explico que a realidade era moi diferente, e a Hungría comunista, lonxe de ser o inferno na terra, era en realidade, máis ben un lugar divertido para vivir. Os comunistas proporcionaban a todos con traballo garantido, boa educación e atención médica gratuíta.

Seguir lendo ““Opresivo e gris? NON, crecer no comunismo foi a época máis feliz da miña vida””

Novos pasos na andaina socialista en Cuba.

Cuba é a evidencia práctica da dificultade obxectiva que ten o proceso de construción do socialismo.

O proceso de cambios que encetará en breve en Cuba, ao abeiro das resolucións do VI Congreso do Partido Comunista Cubano, celebrado a principios de abril, e entre as que se inclúen os denominados “liñamentos” para a política económica e social da illa, é un asunto ao que cabe prestarlle a máxima atención, loxicamente desde unha perspectiva internacionalista e antiimperialista.

Cuba malia as súas deficiencias continúa a ser unha das máis importantes referencias para a esquerda e para os movementos emancipadores de todo o mundo. Cuba segue a ser un dos principais bastións do anti-imperialismo e unha experiencia exemplar, cuase podería dicerse que heroica, na construción do socialismo. Lease o anterior desde a certeza de que non hai experiencias transmutábeis mimeticamente, nin modelo que se poida trasladar simetricamente dunha realidade e coordenadas concretas a outras.

Seguir lendo “Novos pasos na andaina socialista en Cuba.”

Represión anticomunista, o capital reaxe.

communist_motto_dog_tag_pendant

O sistema, vítima da súa incapacidade para facer fronte a esta grave crise, nunha situación de colapso de facto, quere impedir por todos os medios que as maiorías sociais aproveiten o espazo de oportunidade desta conxuntura para alterar a vixente correlación de forzas que as somete. A represión intensificase e esténdense, coa mesma forza coa que agroman nas diferentes latitudes do mundo expresións firmes en favor dun cambio de sistema. Os sucesos en Copenhague son apenas o exemplo máis notorio e televisivo, dunha realidade que se sucede de xeito cotiá nos centros de traballo, nas vilas e cidades, tanto da periferia coma do centro do sistema.

Imperialismo

O imperialismo volve sacar garra belicista. Sabedores de que a súa potencia radica na capacidade militar -xa que logo na capacidade de matar e destruír-, as potencias imperialistas, nomeadamente os EUA, baixo a carauta amábel de Obama (quen se está a demostrar continuamente como unha contradición programada e funcional ao propio sistema, e non como un síntoma da máis mínima esperanza), está a engraxar a súa maquinaria de guerra.

Seguir lendo “Represión anticomunista, o capital reaxe.”

Anticomunismo.

A crise sistémica e a agudización das contradicións de clase consecuencia desta, ademais da reimpresión das obras do pensamento marxista e unha crecente reivindicación social dun cambio de sistema, está a provocar un rebrote do rancio anticomunismo que agromou xa sen disimulo trala caída do bloque socialista no Leste europeo.

A clase dominante non só domina a esfera económica, senón que conseguiu facer hexemónico o seu discurso, o seu pensamento. É precisamente na esfera do pensamento, do que no proceso globalizador se deu en chamar “pensamento único”, onde se circunscriben as ofensivas conceptuais máis relevantes. O eido da historia, a través dun obsceno e cínico revisionismo, tamén ten sido vítima desa brutal opresión.

Seguir lendo “Anticomunismo.”

Moncho Reboiras, a loita continúa!

O pasado 12 de agosto, a cidade de Ferrol acollía coma todos os anos os actos centrais de lembranza e homenaxe a Moncho Reboiras, co gallo do cabodano do seu asasinato por parte da policía española en 1975.

Este ano, alén da tamén ritual ofrenda floral no cemiterio de Imo, no que fica soterrado Reboiras, tivo lugar un feito significativo, pois o goberno español recoñecía legal e formalmente o rango de vítima do franquismo que nunca lle debeu ser negado. Este feito ten a súa transcendencia, por ser un acto de pura xustiza con Reboiras e a súa memoria, e por extensión con todas e todos os que loitaron contra o réxime ditatorial do nacional-catolicismo español.

Seguir lendo “Moncho Reboiras, a loita continúa!”

1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora.

Hoxe millóns de traballadoras e traballadores en todas as latitudes do mundo, saímos á rúa reclamando a mellora das nosas condicións de vida e de traballo, e a defensa dun novo sistema máis xusto e igualitario. Na Galiza máis de 20.000 traballadoras e traballadores, participamos das mobilizacións convocadas pola CIG, o que demostra a maioritaria … Seguir lendo 1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora.

A orde criminal do mundo

Interesante documental, no que se recollen as análises de, entre outros, Jean Ziegler e Eduardo Galeano, sobre a actual orde mundial, e a necesidade de derrubar o capitalismo, para reconquistar a dignidade para a humanidade. Moi recomendábel. [kml_flashembed movie=”http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=-639917879259387994″ width=”400″ height=”326″ wmode=”transparent” /] Seguir lendo A orde criminal do mundo

Ola 2009

[kml_flashembed movie=”http://es.youtube.com/v/pB5x6cDMjao” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] O máis frecuente, o que dicta o guión do previsíbel, é que esta entrada, que será a última do ano, consistise apenas nunha especie de remake ou collage construído con pequenos fragmentos conxelados do que foi o decorrer do bisiesto 2008. O reloxo corre na miña contra. Son ás … Seguir lendo Ola 2009

Prioridades fronte a crise

Leo nun xornal local arredor da polémica suscitada a respecto do destino que terán os 52 millóns de euros, que dentro do plano anticrise do goberno español lle foron asignados á cidade de Vigo. Disque o Alcalde-Presidente Abel Caballero (PSOE), no seu habitual afán unilateral, por non dicir despótico, quere destinar 45 millóns dese total … Seguir lendo Prioridades fronte a crise