Maioría social en apuros.

O 61% das galegas e galegos teñen dificultades para chegar a fin de mes. O dato estatístico recollido polo Instituto Nacional de Estatística verifica a grave situación que están a atravesar amplas capas sociais, nomeadamente as clases populares. En 2010 case un 22% da poboación galega correu risco de pobreza ou de exclusión social. Preto … Seguir lendo Maioría social en apuros.

A crise, o sistema, a soberanía. Si existen alternativas!

A CIG, coa colaboración da Fundación Moncho Reboiras, ven de presentar un video-documental no que repasa o actual proceso de reorganización do capitalismo, baixo a coartada da “crise” económica. Aborda tamén  as nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo … Seguir lendo A crise, o sistema, a soberanía. Si existen alternativas!

O inimigo é o capitalismo.

Vía LibreRed accedín ao vídeo que vos deixo a continuación. Nel o veterano de guerra, ex-combatente do exército dos EUA, Mike Prysner, fai unha intensa intervención criticando a invasión imperialista do Iraque, a partires da súa testemuña como parte implicada no conflito. A súa vibrante locución ten fragmentos de importante valor como no que sinala … Seguir lendo O inimigo é o capitalismo.

Cortinas de fume

A situación de nación colonizada que padece Galiza tamén fica presente no relativo á comunicación. Así, o cerne da “información” ofrecida polos medios oficiais no noso país, é apenas unha mostra de sucursalismo patético perante o grande centro de noticias da metrópole madrileña. O ciclo de noticias do mass media, e a súa conseguinte calendarización … Seguir lendo Cortinas de fume