Dez mil millóns

Bankia, a macroentidade resultante da fusión, e bancarización, de Caja Madrid e outras seis caixas de aforros vai ser rescatada. O FROB podería destinar até 10 mil millóns de euros, de diñeiro público, para apuntalar unha entidade privada que obtivo 309 millóns de euros de beneficios o pasado ano. Si, 10 mil millóns. A mesma cantidade na que o goberno Rajoy cifrou os bestiais recortes que está a piques de perpetrar contra a sanidade e o ensino públicos, no maior ataque da nosa historia contra o Estado do benestar. ‘Non hai cartos’ xustificaba hai unhas semanas o Presidente español. Habería que precisar; non hai cartos para os servizos públicos pero si para a banca privada. Non os hai para atender as necesidades da maioría, mais hainos a esgalla para apuntalar os gaños dos máis ricos.

Rodrigo Rato dimitiu como conselleiro delegado de Bankia. Mais a súa saída reportaralle unha zumenta indemnización de 1,2 millóns de euros. Será previsibelmente relevado por Jose Ignacio Goirigolzarri, ex-conselleiro delegado do BBVA. Este nomeamento podería ser unha pista importante de que o rescate do FROB é tan só un paso previo para unha maior concentración bancaria no Estado, a través dunha fusión ou absorción cun dos grandes xigantes financeiros.

Seguir lendo “Dez mil millóns”

Imposto por enfermidade

O Goberno Rajoy obrigará ás e aos pensionistas a pagar parte dos medicamentos. Inda que perciban a miserenta pensión mínima. A gratuidade manterase só para as pensións non contributivas e desempregadas/os de longa duración sen subsidio. Polo momento. Redúcese tamén a porcentaxe subvencionada no prezo das menciñas para as e os traballadores en activo, que pagaremos … Seguir lendo Imposto por enfermidade

Os recortes na sanidade.

A sanidade pública, ata agora un dereito universal para toda a poboación, enfróntase a graves ameazas reais. Dunha banda as restricións no acceso aos servizos médicos a colectivos que van desde inmigrantes, persoas en situación de exclusión ou desempregadas sen fonte de ingresos. Restricións aberrantes e fondamente antisociais, que xa se veñen padecendo desde hai meses malia non ser de coñecemento público.

Hai que sumar tamén a crecente ameaza privatizadora contra a sanidade pública galega. Falo das multimillonarias concesións privadas para a construción de novas dotacións hospitalarias, da externalización privada de servizos ou da porta aberta ao copago que se introduce nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano.

Seguir lendo “Os recortes na sanidade.”