Fartas/os deste saqueo

As rúas de Vigo, como outros moitos lugares de Galiza e do Estado, levan moitos meses sendo un fervedoiro. A cidade olívica ruxiu con importantes, e nalgún caso masivas, mobilizacións en contra dos efectos sociais da crise do capitalismo neoliberal.

As exitosas folgas xerais do 29 de setembro de 2010 e do 27 de xaneiro en 2011, as sucesivas manifestacións e actos de protesta en defensa dos sectores produtivos da comarca –naval, automoción…– e contra o desemprego, ou as mobilizacións do pasado domingo –nas que se clamou pola folga xeral– constatan o clima de combatividade social que latexa entre a xente, farta de tanto saqueo.

Seguir lendo “Fartas/os deste saqueo”

Nova traizón á clase traballadora.

Coa sinatura por parte de CCOO e UGT con CEOE e CEPYME do denominado ‘II Acordo para o emprego e a negociación colectiva’, o pasado 25 de xaneiro, profúndase na desregulación do mercado laboral e na precarización das condicións de traballo, do que xa era expresión o anterior acordo equivalente asinado baixo o patrocinio de Zapatero.

Hoxe, como daquela, o sindicalismo entreguista de matriz española xustifica esta nova serie de cesións en beneficio da patronal en base á excepcional situación de crise. Como se a crise sistémica do capitalismo neoliberal fose consecuencia das excelentes e inasumíbeis condicións de traballo e non se desatase pola cobiza especulativa do capital financeiro, baixo o campo aberto que para tal fin creou o neoliberalismo -coa activa complicidade da socialdemocracia oficial- reducindo á mínima expresión a participación pública, dos Estados, na economía.

Seguir lendo “Nova traizón á clase traballadora.”

Rumbo á Folga Xeral!

A CIG celebrou o pasado 4 de febreiro unha Asemblea Nacional de Delegadas/os Sindicais, coa que a central ademais de definir as bases da negociación colectiva para este ano, e presentar as súas alternativas fronte a crise do capitalismo, comezaba de facto a quentar motores cara unha folga xeral galega, para a que, como sostiven … Seguir lendo Rumbo á Folga Xeral!