Novos pasos na andaina socialista en Cuba.

Cuba é a evidencia práctica da dificultade obxectiva que ten o proceso de construción do socialismo.

O proceso de cambios que encetará en breve en Cuba, ao abeiro das resolucións do VI Congreso do Partido Comunista Cubano, celebrado a principios de abril, e entre as que se inclúen os denominados “liñamentos” para a política económica e social da illa, é un asunto ao que cabe prestarlle a máxima atención, loxicamente desde unha perspectiva internacionalista e antiimperialista.

Cuba malia as súas deficiencias continúa a ser unha das máis importantes referencias para a esquerda e para os movementos emancipadores de todo o mundo. Cuba segue a ser un dos principais bastións do anti-imperialismo e unha experiencia exemplar, cuase podería dicerse que heroica, na construción do socialismo. Lease o anterior desde a certeza de que non hai experiencias transmutábeis mimeticamente, nin modelo que se poida trasladar simetricamente dunha realidade e coordenadas concretas a outras.

Seguir lendo “Novos pasos na andaina socialista en Cuba.”

O imperialismo contra Cuba.

A morte do ficticio disidente e verificado preso común, Orlando Zapata, como resultado dunha folga de fame, foi o elemento desencadeante dunha nova campaña internacional contra Cuba, abandeirada polos EUA coa conivencia sucursalista da UE.

A campaña, alicerzada sobre a todopoderosa maquinaria mediática do sistema, ten moito de falaz e inda máis de cínica, pois deixa en evidencia máis unha vez as dobres -ou triples- varas de medir que empregan as grandes potencias. Xa que mentres estados nos que se segue a cometer a tortura (coma Israel ou os propios EUA), ou onde os dereitos democráticos son cercenados por leis coma a Lei de Partidos (caso do Estado español), son seica incuestionábeis democracias, Cuba é un perigoso réxime totalitario.

Seguir lendo “O imperialismo contra Cuba.”

Ché.

cheHai 42 anos, Ernesto Guevara de la Serna, que pasaría a ser lembrado pola Historia coma o Ché Guevara, era asasinado vilmente polos rangers bolivianos, adestrados e financiados polos EUA, na selva daquel país, após un cruento e dificil combate desigual (os rangers quintuplicaban o número de guerrilleiros).

Mataron ao combatente, ao revolucionario, máis non mataron a revolución. Hoxe o país que o asasinou está presidido por primeira vez na súa historia por un indixena, cun goberno que está a sentar as bases da construción do socialismo en Bolivia. Mataron ao soldado, máis non foron quen de facer desaparecer o seu brillante pensamento político. Eliminaron a un dos referentes da revolución cubana para convertelo en mártir e en mito do conxunto da humanidade.

Seguir lendo “Ché.”

A orde criminal do mundo

Interesante documental, no que se recollen as análises de, entre outros, Jean Ziegler e Eduardo Galeano, sobre a actual orde mundial, e a necesidade de derrubar o capitalismo, para reconquistar a dignidade para a humanidade. Moi recomendábel. [kml_flashembed movie=”http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=-639917879259387994″ width=”400″ height=”326″ wmode=”transparent” /] Seguir lendo A orde criminal do mundo

Ola 2009

[kml_flashembed movie=”http://es.youtube.com/v/pB5x6cDMjao” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] O máis frecuente, o que dicta o guión do previsíbel, é que esta entrada, que será a última do ano, consistise apenas nunha especie de remake ou collage construído con pequenos fragmentos conxelados do que foi o decorrer do bisiesto 2008. O reloxo corre na miña contra. Son ás … Seguir lendo Ola 2009

Feliz utopía

As/os non crentes, as/os ateos ou agnósticos, pouco ou nada teríamos en teoría que celebrar nestas pascuas cristiás. As/os que apostamos por unha sociedade igualitaria e na socialización do dereito á felicidade, pouco temos que ver coa orxía consumista do primeiro mundo occidental, nin coa voráxine mercadotécnica que nos abafa. Porén, non debemos desaproveitar ningunha … Seguir lendo Feliz utopía