Contrareforma constitucional.

A contrareforma constitucional perpetrada polo PPSOE, ou explicado doutro xeito, o golpe constitucional que a oligarquía financeira –fundamentalmente estranxeira– perpetrou a través dese bipartito, axúdanos a tirar algunhas conclusións que clarifican o escenario.

En primeiro lugar constata que o carácter sacro-santo do texto constitucional vixente, en base ao cal tanto PSOE coma PP sostiveron e sosteñen o carácter irreformábel da Constitución Española, pode entrar en suspensión sempre que sexa en beneficio das clases dominantes, do grande capital.

Seguir lendo “Contrareforma constitucional.”

Tres vídeos para entender a contrareforma da negociación colectiva.

Asemblea Nacional de Delegadas/os da CIG sobre a reforma Valoración de Antolín Alcántara………..Silvia Bermúdez na #AcampadaVigo Ligazóns de interese: A reforma da negociación colectiva é un “ataque durísimo” a unha ferramenta fundamental dos traballadores. Avaliación da CIG sobre a reforma da negociación colectiva Delegados/as da CIG percorren as rúas de Compostela para amosar a súa … Seguir lendo Tres vídeos para entender a contrareforma da negociación colectiva.

Entreguismo de CCOO e UGT.

Comisións Obreiras e UGT estarían en disposición de asumir e avalar o groso da reforma que procura a precarización das pensións públicas.

O anuncio de Comisións Obreiras e UGT no que as centrais españolas descartan a celebración dunha folga xeral en xaneiro volve amosar o entreguismo das cúpulas deses sindicatos. Porén, o máis grave desta decisión é o seu argumento. Seguir lendo “Entreguismo de CCOO e UGT.”

Cuestións ao fío do 27-X.

Asinarán CCOO e UXT un acordo in extremis co goberno posibilitado por unha lixeira matización da reforma?

O feito de que a CIG dese un importante paso á fronte, apostando por convocar unha nova xornada de folga xeral, desta volta contra da pretendida reforma das pensións, alén de ser unha decisión oportuna e valente, que volve evidenciar a firmeza combativa do seu modelo sindical ben afastado das coordenadas pactistas doutros, coloca algunhas cuestións importantes.

Unha delas trata sobre que farán finalmente as centrais sindicais estatais, CCOO e máis a UXT, unha vez o sindicalismo nacionalista en Euskadi-Nafarroa e máis en Galiza tomou a iniciativa colocando unha data concreta, a do 27 de xaneiro. Semella que o sindicalismo español é refén das súas propias contradicións e a súa práctica entreguista dos últimos anos a través do denominado Pacto Social. Ficarán á marxe desbotando a folga? Convocarán un paro parcial? Asinarán un acordo in extremis co goberno posibilitado por unha lixeira matización da reforma? Nesta altura non se pode desbotar ningunha das opcións enunciadas. Seguir lendo “Cuestións ao fío do 27-X.”

Máis unha folga xeral.

Ficamos perante unha dura batalla, de fondo carácter estratéxico, (…) que volve deixar en evidencia a plena vixencia da contradición capital versus traballo.

A decisión da CIG de impulsar unha nova convocatoria de Folga Xeral contra da política antisocial, de claro nesgo neoliberal, que está a levar adiante o goberno español presidido por José Luís Rodríguez Zapatero, coloca máis unha vez ao sindicalismo nacionalista e de clase na vangarda do combate social.

A contrareforma das pensións, que sigue á reforma laboral contestada masivamente na folga do pasado 29 de setembro, e á que previsibelmente seguirá a reforma da negociación colectiva -que nace da pretensión de esmagar a acción sindical- esixe unha contundente e rápida resposta por parte das clases populares que encarnan a maioría social da nosa nación. Seguir lendo “Máis unha folga xeral.”

O debate dos impostos

Nunha situación de crise sistémica coma a que estamos a vivir, que provoca desemprego e un serio risco de exclusión social dos segmentos máis desfavorecidos das clases populares, a cuestión impositiva non é nin moito menos accesorio.

Ao contrario, optar por un ou outro modelo fiscal determina de que xeito, con que procedencia e en que contía fornecemos ás administracións públicas dos recursos económicos necesarios para, entre outros, facer política social.

Seguir lendo “O debate dos impostos”