Clamor estudantil contra os recortes

Este xoves tiveron lugar, no noso país, preto dunha vintena de mobilizacións estudantís contra os recortes no ensino anunciados polo Partido Popular. As convocatorias impulsadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e de xeito especial polas organizacións xuvenís e estudantís nacionalistas, congregaron a milleiros de estudantes. Na Coruña e Compostela manifestáronse de 4.000 … Seguir lendo Clamor estudantil contra os recortes

Ou eles ou nós

A ofensiva do capital contra as clases populares para saldar a crise sistémica ao favor deste non ten límites. Iniciouse co retallamento de dereitos laborais fundamentais, co empobrecemento de salarios e pensións. A seguir, unha suba de impostos abusiva incrementando a presión fiscal sobre as rendas do traballo e ao tempo amnistiando a fraude dos ricos. Despois, a demolición do Estado do Benestar, con recortes brutais en servizos públicos esenciais como sanidade ou ensino.

Desta volta esa ofensiva bota man dun vello recurso, a privatización. Na folla de ruta da política neoliberal do goberno Rajoy, figura a privatización do transporte ferroviario ou o cobro polo tránsito nas autovías. A peaxe das autoestradas tamén subirá.Fíxase así mesmo o incremento das taxas municipais nos concellos e un novo aumento do prezo da luz e do gas.

Seguir lendo “Ou eles ou nós”

Taxas universitarias

De prosperar a pretensión do PP as taxas universitarias poderían incrementarse até un 66%. Ou o que é o mesmo: as titulacións poderán encarecerse até en 540€. A maior suba da historia coincidindo cunha grave situación social por mor da crise. Esta medida, inxusta e antisocial, sumará unha nova traba ao acceso a estudos universitarios … Seguir lendo Taxas universitarias

Saqueo orzamentario

Os Presupostos Xerais do Estado (PXE), resultado da maioría absoluta do PP, son un articulado de máis e máis recortes. Os primeiros orzamentos da era Rajoy fundaméntanse na bestial precarización de servizos públicos esenciais, como o ensinoou
a sanidade.

Son o densenvolvemento daquela reforma constitucional express aprobada, sen referendo, por PSOE e PP. Son a aplicación concreta do Pacto de Estabilidade do Euro, que malia parecer invisíbel publicamente é a raiceira de todas e cada unha das medidas antisociais acordadas polo goberno español. O actual e o anterior.

Seguir lendo “Saqueo orzamentario”

Menos por máis

Mentres amnistía a fraude fiscal das rendas máis altas e do empresariado o Goberno central anuncia, día si día tamén, novos recortes. Aos que máis teñen perdóanselles os seus incumprimentos tributarios. En troques, á maioría social o que se lle ofrece é cada vez menos por máis.

Subíronse os impostos para as rendas traballadoras. Incrementouse, outra vez, o prezo da luz e do gas, que van camiño de produto de luxo. Nada se fixo para evitar o espolio hipotecario ou a estafa das preferentes. E como guinda, a vixente vaga de retallamentos nos servizos socias públicos. Repago sanitario –por agora só farmacéutico–, remasificación das aulas ou redución ata a mínima expresión de bolsas e axudas á dependencia son tan só as medidas máis grandilocuentes.

Seguir lendo “Menos por máis”

Vontade colectiva

As políticas neoliberais non só desataron a actual crise sistémica do capitalismo, senón que teimar nelas nos conduce a un pozo sen fondo. A restrición do crédito da banca, que prefire dedicar os fondos públicos do seu rescate para lucrarse especulando coa débeda pública, afoga o tecido produtivo, hoxe ao bordo do colapso. As inxustas subas de IVE ou IRPF, combinadas coa redución dos salarios –públicos e privados– e das pensións, afondan no empobrecemento das clases populares e farán retroceder –aínda máis– o consumo.

É a espiral destrutiva que baixo dirección da clase dominante –a banca e a grande oligarquía empresarial–, a través dos seus gobernos e coa complicidade dalgúns actores sociais –sindicalismo pactista–, vai camiño de condenar unha parte moi importante do pobo á completa exclusión social.

Seguir lendo “Vontade colectiva”