Desbotado Rajoy, Sánchez pode logralo

A repetición das eleccións xerais é, a cada paso, unha hipótese máis remota. Os resultados do 20D xa permitían de feito desbotala, agás que mediase algunha excepcionalidade. Os motivos que dez días despois dos comicios me levaban a concluír, ou a intuír, que non haberá novas eleccións fican vixentes. Estas semanas limitáronse a confirmar os escenarios abertos.

Seguir lendo “Desbotado Rajoy, Sánchez pode logralo”

Non haberá novas eleccións xerais: seguirá a gobernar a Troika

Gobernará a Troika. No Estado español seguirá a mandar o grande empresariado e a banca, o capital. Eis a única certeza sobre quen ocupará a Moncloa após os resultados das eleccións xerais do 20D. O bipartidismo sistémico, PP-PSOE, retrocedeu, si. Porén, o principal cambio nese bloque é que pasa a se formular en tridente con Ciudadanos. Así a Troika continúa a ter maioría absoluta no Congreso, con 253 escanos.

Seguir lendo “Non haberá novas eleccións xerais: seguirá a gobernar a Troika”

Guillerme Vázquez pon no seu sitio ao PSOE galego pola súa defensa dos recortes sociais.

O Portavoz Nacional do BNG carga contra Pachi Vázquez, secretario xeral PSdeG, polo seu seguidismo da doutrina neoliberal. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/_cjONoBs_HQ” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] “Hay que explicar que el Estado no puede con todo. Quizás se nos fue la mano“, así despachaba esta mañá o Secretario Xeral da sucursal galega do PSOE (PSdeG) a política … Seguir lendo Guillerme Vázquez pon no seu sitio ao PSOE galego pola súa defensa dos recortes sociais.

Orzamentos, crise e alternativas.

Alén de non facer practicamente nada para tentar frear os efectos máis lesivos da vixente crise que segundo Feijóo ía superarse apenas unhas semanas despois de que tomase posesión, o seu desgoberno acaba de reiterarse na súa orientación neoliberal aprobando uns novos orzamentos antisociais.

Antisociais, e mesmo pro-crise, tendo en conta que a administración galega desiste de tentar paliar, inda que sexa en parte, a perda de investimento privado -que explica en parte o forte desemprego que azouta o noso país-, xa que no canto de incrementar o investimento público rebáixao. Por non falarmos dos novos recortes orzamentarios en eidos tan fulcrais como son a sanidade e o ensino; dereitos irrenunciábeis para a maioría social. Seguir lendo “Orzamentos, crise e alternativas.”

O goberno da nula rectificación.

O gusto de ZP polo efectismo político, a través de grandes xestos propagandísticos, non é algo novo. En troques, é un dos seus trazos característicos como marca política.

As remudas producidos no goberno central que preside ditan a primeira vista unha clara conclusión: rectificación cero. Ningún dos cambios de actor á fronte dos ministerios ten como propósito levar a termo a emenda á totalidade que unha inmensa maioría social lle está a reclamar ao executivo español. Ao contrario, todas as fichaxes teñen por obxecto reforzar o discurso que xustifica e defende as políticas antisociais, de claro nesgo neoliberal, que o PSOE está a aplicar desde os inicios da vixente crise.

Non cambian de caras para cambiar nada, senón para xustificar as súas medidas. A falta de caldo, dúas cuncas aderezadas con extra de propaganda.

Seguir lendo “O goberno da nula rectificación.”

Tempos para a verificación

Fronte á ditadura do aparente, que sostén a artificiosa mercadotecnia oficial, onde cada cousa non é o que realmente é senón apenas o que representa, o que aparenta, só un ollar crítico dunha realidade inobxectivábel nos axudará a non afogar na maré uniformadora do pensamento único.

Feijóo para defender o decretazo antigalego, enarborou a bandeira da liberdade de elección para que as nais e pais, disque, escollesen o idioma no que han estudar os seus fillos. Esa foi a falacia, disfrazada de argumento, que se repetiu cen e mil veces para soster o insostíbel. Porén, o decreto finalmente aprobado, coa oposición da maioría das e dos galegos -visibilizada en masivas mobilizacións- e co rexeitamento de innumerábeis organismos e institucións -incluído o Consello Consultivo, a RAG ou o Consello da Cultura Galega-, exclúe ese exercicio libertino ao non incluír a posibilidade de desenvolver consultas ás nais e pais. Verifícase pois, que a decisión do PP era estratéxica, e que ía moi alén dese falso debate sobre a liberdade. O obxectivo ficou demostrado que era o de reducir a presenza do noso idioma no ensino, como paso fundamental para pór en xaque o noso principal alicerce identitario como nación.

Seguir lendo “Tempos para a verificación”