Os recortes na sanidade.

A sanidade pública, ata agora un dereito universal para toda a poboación, enfróntase a graves ameazas reais. Dunha banda as restricións no acceso aos servizos médicos a colectivos que van desde inmigrantes, persoas en situación de exclusión ou desempregadas sen fonte de ingresos. Restricións aberrantes e fondamente antisociais, que xa se veñen padecendo desde hai meses malia non ser de coñecemento público.

Hai que sumar tamén a crecente ameaza privatizadora contra a sanidade pública galega. Falo das multimillonarias concesións privadas para a construción de novas dotacións hospitalarias, da externalización privada de servizos ou da porta aberta ao copago que se introduce nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano.

Seguir lendo “Os recortes na sanidade.”

NovoBancoGalego, antes NCG.

O Presidente de ONO, Jose María Castellano, quen fora home forte do emporio empresarial Inditex, será quen dirixa os designios de Novacaixagalicia, iso si, mutada a banco e prescindindo, xa que logo, do seu carácter semipúblico.

Iníciase así, con esta lamentábel decisión do Consello de Administración, o que está chamado a ser o derradeiro capítulo da historia da liquidación das caixas de aforro galegas. Tal e como se advertira, toda a operación iniciada ao abeiro do FROB e posteriormente debuxada pola Lorca, só tiña por obxecto entregar o aforro das e dos galegos ao capital privado foráneo. Nada ten a ver a solvencia, nin o core capital. É só unha xogada no marco dunha crecente recentralización política e económica do Estado, máis unha vez, ao servizo dos intereses da oligarquía financeira.

Seguir lendo “NovoBancoGalego, antes NCG.”