Acrencentando a análise sobre as eleccións lexislativas en Portugal.

Para acrecentar a análise arredor dos resultados electorais do passado domingo no país veciño, recomendo encarecidamente a lectura do último editorial do Terra e Tempo, que intitulado “Unha lectura das eleccións portuguesas” sinala algunhas chaves centrais. Especialmente atinado, e oportuno, é o sinalamento -a xeito de conclusión- das reflexións que abren os resultados das lexislativas … Seguir lendo Acrencentando a análise sobre as eleccións lexislativas en Portugal.

O compromiso coherente do PCP.

A resistencia electoral da coalición CDU, amosa a fortaleza social das e dos comunistas portugueses

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/fcG06R0hVHk" width="645" height="300" wmode="transparent" /]

As eleccións portuguesas non ofrecen un resultado positivo, xa que a dereita ultraliberal representada polo PSD e mailo CDS-PP faranse coas rendas do goberno, nunha república presidida polo conservador Cavaco Silva. O certo é que asistimos a unha mera alternancia, sen que represente ningún cambio substancial, posto que o executivo do social-liberal PS de Sócrates partillaba xunto ao PSD o programa de reformas antisociais que a troika neoliberal -isto é o Banco Central Europeo, a Comisión Europea e o Fondo Momentario Internacional- vén de impoñer mediante un interesado rescate forzoso. Rescate nunha economía paradoxalmente menos endebedada que a española, e que se suma ao xa realizado en Grecia.

Seguir lendo “O compromiso coherente do PCP.”

Apuntamentos sobre Alemaña e Portugal.

dsc_2025

O domingo celebráronse simultaneamente eleccións lexislativas nas repúblicas do Portugal e da Alemaña.

De entrada os gobernantes Sócrates e Merkel, previsibelmente, continuarán catro anos máis na presidencia do executivo. Ambos precisarán alianzas parlamentarias, non só para a súa investidura senón mesmo para garantir a execución do seu programa de goberno. Tanto no Portugal como na Alemaña o escrutinio describe un claro xiro ideolóxico, inda que de senso contrario. Así as e os portugueses retiráronlle a folgada maioría absoluta do socialista Sócrates, premendo por un xiro á esquerda que se facía imprescindíbel. Alemaña, porén, optou por satisfacer os desexos da actual chanceler desbancando da gran coalición gobernante ao socialdemócrata SPD para substituílo polos liberais da FDP.

Seguir lendo “Apuntamentos sobre Alemaña e Portugal.”

Reposta dos traballadores.

Tres millóns de franceses secundaron a segunda folga xeral da era Sarkozy, días despois de que 200.000 traballadores portugueses ateigaran Lisboa, da man CGTP-IN, nunha xornada histórica. Ambas convocatorias son o resultado do profundo descontento e desacordo da clase traballadora, fronte á resposta que dende os gobernos europeos se está a dar fronte a crise … Seguir lendo Reposta dos traballadores.

Dumping fiscal portugués.

Disque o goberno portugués, do “socialista” José Socrates vai rebaixar do 25 ao 12,5% o imposto de sociedades para as PEMEs nas zonas fronteirizas. Reducir á metade o tributo que grava os beneficios das empresas responde á pretensión evidente de atraer os investimentos e a localización de empresas da outra beira do Miño. Ficamos pois … Seguir lendo Dumping fiscal portugués.