Vídeo-entrevista a Suso Seixo trala Folga Xeral do 27-X.

O Secretario Xeral da CIG analiza o acordo de reforma das pensións, a folga xeral e as mobilizacións, e adianta os retos de futuro da central sindical nacionalista e de clase após o éxito desta convocatoria. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/MF6XlC46VKk” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Seguir lendo Vídeo-entrevista a Suso Seixo trala Folga Xeral do 27-X.

27-X: mobilización, loita, dignidade.

A folga convocada en solitario polo sindicalismo nacionalista e de clase contra o “pensionazo” do PSOE verificouse como un éxito total, cun paro laboral moi relevante e importantes mobilizacións. Vídeo resumo da espectacular manifestación de Vigo [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Rn0pVTp5KHY” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Declaracións do Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/QN5ZU5SdiRg” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” … Seguir lendo 27-X: mobilización, loita, dignidade.

Entreguismo de CCOO e UGT.

Comisións Obreiras e UGT estarían en disposición de asumir e avalar o groso da reforma que procura a precarización das pensións públicas.

O anuncio de Comisións Obreiras e UGT no que as centrais españolas descartan a celebración dunha folga xeral en xaneiro volve amosar o entreguismo das cúpulas deses sindicatos. Porén, o máis grave desta decisión é o seu argumento. Seguir lendo “Entreguismo de CCOO e UGT.”

Cuestións ao fío do 27-X.

Asinarán CCOO e UXT un acordo in extremis co goberno posibilitado por unha lixeira matización da reforma?

O feito de que a CIG dese un importante paso á fronte, apostando por convocar unha nova xornada de folga xeral, desta volta contra da pretendida reforma das pensións, alén de ser unha decisión oportuna e valente, que volve evidenciar a firmeza combativa do seu modelo sindical ben afastado das coordenadas pactistas doutros, coloca algunhas cuestións importantes.

Unha delas trata sobre que farán finalmente as centrais sindicais estatais, CCOO e máis a UXT, unha vez o sindicalismo nacionalista en Euskadi-Nafarroa e máis en Galiza tomou a iniciativa colocando unha data concreta, a do 27 de xaneiro. Semella que o sindicalismo español é refén das súas propias contradicións e a súa práctica entreguista dos últimos anos a través do denominado Pacto Social. Ficarán á marxe desbotando a folga? Convocarán un paro parcial? Asinarán un acordo in extremis co goberno posibilitado por unha lixeira matización da reforma? Nesta altura non se pode desbotar ningunha das opcións enunciadas. Seguir lendo “Cuestións ao fío do 27-X.”

Máis unha folga xeral.

Ficamos perante unha dura batalla, de fondo carácter estratéxico, (…) que volve deixar en evidencia a plena vixencia da contradición capital versus traballo.

A decisión da CIG de impulsar unha nova convocatoria de Folga Xeral contra da política antisocial, de claro nesgo neoliberal, que está a levar adiante o goberno español presidido por José Luís Rodríguez Zapatero, coloca máis unha vez ao sindicalismo nacionalista e de clase na vangarda do combate social.

A contrareforma das pensións, que sigue á reforma laboral contestada masivamente na folga do pasado 29 de setembro, e á que previsibelmente seguirá a reforma da negociación colectiva -que nace da pretensión de esmagar a acción sindical- esixe unha contundente e rápida resposta por parte das clases populares que encarnan a maioría social da nosa nación. Seguir lendo “Máis unha folga xeral.”

Intervención pública de Suso Seixo anunciando a Folga Xeral do 27-X.

Neste vídeo recóllese un fragmento da intervención realizada polo Secretario Xeral da CIG na rolda de prensa na que se anunciou a convocatoria por parte da CIG dunha nova Folga Xeral. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/APulMae9X9g” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Extraio dúas das afirmacións ben gráficas e contundentes das realizadas por Suso Seixo, e nas que deixa clara … Seguir lendo Intervención pública de Suso Seixo anunciando a Folga Xeral do 27-X.