
Mañá cumprirase un mes dende que a asemblea de parados do naval vigués decidira acampar fronte á sede da Xunta de Galiza en Vigo, esixindo o cumprimento das garantías da bolsa de contratación que recentemente a patronal, coa complicidade de CCOO e UGT, acaba de eliminar vulnerando o Convenio Colectivo. Estes 30 días de campamento producíronse despois de semanas nas que os traballadores protagonizaran un importante proceso mobilizador, co que pretendían visibilizar a súa problemática, que non é outra que a da substitución de man de obra por outra foránea e máis barata para o empresario.
Esta acción reivindicativa evidencia a gravidade da situación que atravesa un sector fulcral para a economía produtiva da nosa nación, e principalmente da bisbarra viguesa, e serve para implicar o conxunto da sociedade nunha problemática que non é isolada e que ameaza a outros sectores e empresas, coma se está a vivir tamén, por exemplo, na construción.
Seguir lendo “Acampados na trincheira da dignidade.”