O nacionalismo galego en ascenso.

Recentes sondaxes veñen confirmar a tendencia ascendente, desde un punto de vista electoral, que os estudos do CIS lle estiveron prevendo ao BNG após o recuar que o desaloxaría do Goberno galego.

Onte vían a luz dous novos inquéritos. Un publicado no españolista La Razón e outro no diario filoprogresista Público. O primeiro, inda atribuíndo unha perda de varias decenas de miles de votos, daba por asegurado que de celebrarse hoxe as Eleccións Xerais, o Bloque mantería a súa representación no Parlamento Español con 2 deputadas/os. No segundo, que se encadra nunha serie histórica do denominado Publiscopio, outórgaselle ao nacionalismo galego un 1,4% de votos no eido de Estado.

Seguir lendo “O nacionalismo galego en ascenso.”

A nosa bandeira.

Toda colectividade humana precisa, e posúe, simboloxía de seu que a represente, que a aglutine en torno a unha identidade común. Non é un asunto menor, nin intranscendente. Foi unha bandeira, a de Nunca Máis, a que serviu de soporte para o máis importante exercicio de dignidade colectiva do noso pobo dos últimos decenios.

Polo tanto, por ser un elemento simbólico, o debate sobre as bandeiras non é sobre elas senón sobre o que representan, sobre o que significan. Eis o forzado debate respecto de sobre que bandeira ha de representar o nacionalismo galego politicamente organizado no seo do BNG.

Seguir lendo “A nosa bandeira.”

25 de xullo, máis unha vez.

O Día da Patria non é unha data ritual, nin un acto de liturxia electoral. Cada 25 de xullo, milleiros de galegas e galegos percorremos as rúas de Compostela para expresar con rotundidade que somos nación, e reclamar como tal os nosos dereitos, principiando polo de decidir por nós mesmas e mesmos o noso futuro.

Este 25 de xullo ten unha significación especial, fundamentalmente por dúas razóns. En primeiro lugar, a sentenza do Tribunal Constitucional, en clara connivencia coa estratexia recentralizadora compartida por PP e PSOE, vén de evidenciar que a conquista dun maior autogoberno non virá pola vía da concesión graciosa do Estado, inmerso nun novo proceso de concentración dos espazos de decisión política e tamén económica -a reforma da Lorca coa bancarización das caixas é un claro exemplo-. Non haberá recoñecemento do carácter plurinacional, pluricultural e plurilingüe do Estado, se non é a través do exercicio de presión que podemos exercer desde Galiza, Euskal Herria e mais os Països Catalàs. Os límites do vixente marco constitucional e estatutario fican claros, haberá pois que forzalos co obxecto de permitir a libre decisión dos pobos a través do exercicio do lexítimo dereito de autodeterminación.

Seguir lendo “25 de xullo, máis unha vez.”

Nace "Pensar e Axer", revista dixital de pensamento marxista e nacionalista galego.

Onte botou a andar un proxecto divulgativo da Asociación Cultural “Guieiro”, a Revista Dixital de Pensamento Marxista e Nacionalista Galego “Pensar e Axer”, que teño o pracer -e a responsabilidade- de dirixir. No seu Manifesto Editorial, explicamos as causas que a motivan e os seus obxectivos. Tanto Vieiros coma GZ Nación recolleron o nacemento. Este … Seguir lendo Nace "Pensar e Axer", revista dixital de pensamento marxista e nacionalista galego.

Nace “Pensar e Axer”, revista dixital de pensamento marxista e nacionalista galego.

Onte botou a andar un proxecto divulgativo da Asociación Cultural “Guieiro”, a Revista Dixital de Pensamento Marxista e Nacionalista Galego “Pensar e Axer”, que teño o pracer -e a responsabilidade- de dirixir. No seu Manifesto Editorial, explicamos as causas que a motivan e os seus obxectivos. Tanto Vieiros coma GZ Nación recolleron o nacemento. Este … Seguir lendo Nace “Pensar e Axer”, revista dixital de pensamento marxista e nacionalista galego.