BNG vs. 'PPSOE'.
O nacionalismo galego é a única alternativa para superar a situación de emerxencia nacional.
Baixo o lema “Coa túa forza hai futuro!” o Bloque Nacionalista Galego desenvolverá ao longo do día de hoxe a súa Convención Nacional Electoral en Compostela. A fronte patriótica arranca así a última fase da carreira electoral de cara aos comicios municipais do vindeiro 22-M. Faino despois de ter demostrado en reiteradas ocasións un discurso resituado nos seus principios ideolóxicos, que o configura como unha opción nacionalista mais tamén netamente de esquerda.