O galego nun país normal.

O normal non será que en Galiza a lingua de uso social maioritario/hexemónico sexa o galego?

Cando os debates versan sobre asuntos centrais, que afectan cuestións de fondo carácter identitario, ás veces estes rematan por complexizarse con demasiado ruído. A polémica –no senso máis positivo– xurdida estes días a respecto da estratexia e táctica, dos obxectivos e dos métodos, do movemento de defensa da lingua no proceso de normalización do galego é un exemplo disto.

Non é un debate técnico, malia que esixe rigor. Nin un debate en chave partidaria, aínda que si político e fondamente ideolóxico. Non se trata dunha lea secundaria, senón que aborda un dos trazos que en maior medida definen a anormalidade que padece a nación galega. Seguir lendo “O galego nun país normal.”

Paco Rodríguez retruca ao IGEA.

Cualifica de “estratexia da confusión” a liña proposta polo instituto presidido por Anxo Quintana en relación á normalización do noso idioma.

Se algo define a Francsico Rodríguez, (membro da Executiva Nacional do BNG e Secretario Xeral da UPG), e a súa indiscutíbel cualificación científica e política para abordar todo relacionado coa nosa lingua. Perante o debate xurdido arredor do polémico informe do IGEA no que o instituto “galeguista” promovía o “bilingüismo restitutivo”, Paco Rodríguez ven facer público o seu retruque ás teses daquel a través dun extenso artigo publicado na edición dixital do Terra e Tempo.

A seguir comparto algúns fragmentos do texto que seleccionei pola súa relevancia e interese: Seguir lendo “Paco Rodríguez retruca ao IGEA.”

Máis debate sobre a lingua.

Novas achegas e intervencións tralo polémico informe do IGEA.

O rebrotado debate encol da situación do noso idioma, xurdido trala polémica suscitada arredor dun informe do IGEA no que se apostaba polo “bilingüismo restitutivo” e no que interviñen cun recente artigo titulado “Hexemonía social do galego“, continúa aberto.

Manuel Mera, histórico dirixente sindical do nacionalismo, na súa columna en Xornal de Galicia -titulada “Debatendo máis que de lingua”– sinalaba outros flancos do debate, afirmando que este ía alén do tema en cuestión. “Estas posturas non son casuais, os grandes atrancos sempre alentan o derrotismo e o aventureirismo en sectores das forzas que deben vencelos” afirmaba nun treito do artigo. Seguir lendo “Máis debate sobre a lingua.”