Primeiro de Maio coa CIG: pola defensa do emprego, os dereitos e as prestacións sociais.

A CIG vai desenvolver o vindeiro 1 de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, unha campaña de manifestacións por todo o País, continuando as mobilizacións que nos últimos meses a central veu desenvolvendo para reclamar que a crise a pague o capital. Este ano o lema das manifestacións será “Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais” reivindicacións … Seguir lendo Primeiro de Maio coa CIG: pola defensa do emprego, os dereitos e as prestacións sociais.

Reposta dos traballadores.

Tres millóns de franceses secundaron a segunda folga xeral da era Sarkozy, días despois de que 200.000 traballadores portugueses ateigaran Lisboa, da man CGTP-IN, nunha xornada histórica. Ambas convocatorias son o resultado do profundo descontento e desacordo da clase traballadora, fronte á resposta que dende os gobernos europeos se está a dar fronte a crise … Seguir lendo Reposta dos traballadores.

Sobre o que está a acontecer en Grecia (II)

COMUNICADO DO COMITÉ CENTRAL DA XUVENTUDE COMUNISTA DE GRECIA (KDE) Tradución: Xabier P.I. (Vía) Condenamos o asasinato a sangue fría do mozo de 15 anos Alexandros-Andreas Grigoropoulos, cometido por un policía no área ateniense de Exarchia. A xefatura das forzas policiais e o goberno teñen unha enorme responsabilidade nesto. Este incidente é resultado da educación … Seguir lendo Sobre o que está a acontecer en Grecia (II)