Á rúa contra o saqueo

Hoxe primeiro de maio é unha data para a reivindicación. Non por liturxia. Non por costume. Hoxe temos motivos e razóns abondo para nos mobilizar co gallo do Día do Internacionalismo Proletario.

Ás contrareformas laborais e das pensións o goberno central do PP suma -cada día- novos recortes. E o executivo español inda ameaza con máis golpes contra as clases populares. Cada venres un nova puñada aos dereitos sociais e aos servizos públicos, como xa advertiu esta fin de semana o propio Rajoy.

Seguir lendo “Á rúa contra o saqueo”

O pobo traballador galego en loita

Pasaron case cinco anos do inicio da vixente crise sistémica. A burbulla da especulación financeira, nomeadamente hipotecaria, foi un dos seus principais desencadeantes. Porén, o que levamos de crise amosounos que esta é estrutural, sistémica.

O capitalismo, na súa fase da globalización imperialista, entrou da man do neoliberalismo nun proceso de colapso a nivel internacional. A reacción da clase dominante, da oligarquía empresarial e do capital, ten sido aproveitar precisamente este marco de crise para resolvela no seu favor en prexuízo da maioría social.

Seguir lendo “O pobo traballador galego en loita”

Fartas/os deste saqueo

As rúas de Vigo, como outros moitos lugares de Galiza e do Estado, levan moitos meses sendo un fervedoiro. A cidade olívica ruxiu con importantes, e nalgún caso masivas, mobilizacións en contra dos efectos sociais da crise do capitalismo neoliberal.

As exitosas folgas xerais do 29 de setembro de 2010 e do 27 de xaneiro en 2011, as sucesivas manifestacións e actos de protesta en defensa dos sectores produtivos da comarca –naval, automoción…– e contra o desemprego, ou as mobilizacións do pasado domingo –nas que se clamou pola folga xeral– constatan o clima de combatividade social que latexa entre a xente, farta de tanto saqueo.

Seguir lendo “Fartas/os deste saqueo”

1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora.

Hoxe millóns de traballadoras e traballadores en todas as latitudes do mundo, saímos á rúa reclamando a mellora das nosas condicións de vida e de traballo, e a defensa dun novo sistema máis xusto e igualitario. Na Galiza máis de 20.000 traballadoras e traballadores, participamos das mobilizacións convocadas pola CIG, o que demostra a maioritaria … Seguir lendo 1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora.

Primeiro de maio.

A crise é unha realidade obxectiva. O seu impacto, especialmente nas clases populares, é evidente ben sexa en forma de desemprego, de insolvencia para afrontar os créditos hipotecarios, de perda de capacidade de compra, e mesmo de severos riscos de exclusión para aquelas familias traballadoras que non teñen a día de hoxe ningunha fonte de … Seguir lendo Primeiro de maio.

Revés, non derrota.

Dicir que o resultado das eleccións do pasado domingo non foi completamente inesperado sería mentir. Ninguén agardaba que o proceso de cambios que se iniciara tras a derrota de Fraga fose ser interrompido por unha maioría absoluta do PP de Núñez Feijóo. Os resultados castigaron severamente o PSOE e o BNG, pero tamén a opcións … Seguir lendo Revés, non derrota.

Rumbo á Folga Xeral!

A CIG celebrou o pasado 4 de febreiro unha Asemblea Nacional de Delegadas/os Sindicais, coa que a central ademais de definir as bases da negociación colectiva para este ano, e presentar as súas alternativas fronte a crise do capitalismo, comezaba de facto a quentar motores cara unha folga xeral galega, para a que, como sostiven … Seguir lendo Rumbo á Folga Xeral!