Falta auga e… racionalidade.

É certo, falta auga. A seca deste ano, cun verán que semella non rematar nunca –resultado da desfeita climática–, coloca os embalses dos que bebe Vigo en niveis moi preocupantes. É mesmo probable que de non mediar suficientes precipitacións nas próximas semanas poidamos correr o risco de cortes e restricións na subministración.

Porén, o que máis está a escasear é a racionalidade por parte do goberno municipal. É completamente irracional que fronte a esta situación se continúen a baldear con milleiros de litros de auga potable ás rúas. É irracional que se mantiveran conectadas ata hai nada fontes ornamentais que non teñen circuíto pechado, que beben da traída. É irracional que non se force a Aqualia a actuar de xeito decidido contra as fugas na rede nas que se perden cantidadesinxentes de auga.

Seguir lendo “Falta auga e… racionalidade.”

Lume no monte.

A presente vaga de lumes, que desgrazadamente lembra moito a de 2005, debe provocar unha reflexión social, pero tamén decididas actuacións políticas. O lume é unha catástrofe e os incendiarios uns perigosos delincuentes. Mais alén da acaída ou desacertada política de extinción, estes feitos volven colocar enriba da mesa unha cuestión central: a posta en valor do noso monte.

O monte desatendido, sen ningún tipo de acción humana, sen actuacións preventivas, convértese en mans dos pirómanos nunha inxente masa inflamábel para beneficio da especulación carroñeira. Cabe logo preguntarse se o fenómeno do lume estival nos nosos montes non ten a ver moito co feito de que teñamos desistido do seu aproveitamento racional e respectuoso que outrora se practicara en Galiza.

Seguir lendo “Lume no monte.”

Nación libre de touradas.

De casualidade puiden ver e escoitar un cacho do debate no Parlament de Cataluña, a respecto da ILP pola abolición das touradas naquel país, que se resolvería coa aprobación maioritaria da prohibición. Hei de recoñecer que sentín unha certa envexa, primeiro por comprobar que a dinámica institucional de alí pouco –ou nada– ten a ver co parlamentarismo de cartón que se practica as máis das veces no Pazo do Hórreo.

Ese paso valente, que coloca unha concepción ética de respecto ós seres vivos por riba de prácticas arcaicas, provocou un debate social no que se deron novas manifestacións do máis rancio españolismo centralista, nun novo episodio de catalono-fobia.

Seguir lendo “Nación libre de touradas.”

Contra a destrución do Cabo Touriñán: Boicote a Pescanova!

Eu tamén secundo e apoio, coma o compañeiro Callón, o chamamento feito pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) a boicotar os produtos do grupo Pescanova, como medida de presión para frear a barbarie antiecolóxica que a empresa, coa complicidade activa do PP, quere perpetrar en Cabo Touriñán. Con todo, non podo evitar … Seguir lendo Contra a destrución do Cabo Touriñán: Boicote a Pescanova!