Sermos Galiza na comunicación.

O peche do GH fixo que volvese agromar o debate a respecto da necesidade nacional de térmonos uns media propios, que se asenten na defensa e dignificación da nosa identidade, da nosa lingua e da nosa cultura, e que axan como activas palestras para a defensa dos intereses e dereitos do noso pobo.

A conmoción levou ao loito, o loito ao lamento, e o lamento máis unha vez á masoquista tradición da autoculpabilización. Estes días amosaron con crueza a faciana do paralizante sentimento de frustración que provocan nalgúns sectores os “fracasos”.

Seguir lendo “Sermos Galiza na comunicación.”

Lukashenko vs EuroNews.

Despois de Chávez vs Andreína, o Presidente bieloruso dalle un repaso ao entrevistador da canle europea. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/cG0GqRPgpDk” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /] Comentábao onte con Gonzalo Gómez (co-fundador do dixital venezolano Aporrea), con quen tiven tempo de departir após a interesante e tremendamente didáctica conferencia que impartiu en Vigo a respecto da situación do proceso … Seguir lendo Lukashenko vs EuroNews.

O Poder marca a axenda da actualidade.

television

Pese a que poida soar estraño, o certo é que unha das cousas que acostuma sorprender ás persoas que visitan Galiza e proveñen doutros lares, nomeadamente do outro lado do charco, son os curiosos conceptos que do importante, o prioritario e o actual manexan os medios de comunicación de masas, destacadamente a TV pero tamén a prensa escrita…

Cada vez que existe unha razón ou feito obxectivo que merecería dun debate social profundo, e polo tanto perigoso para as clases dominantes e para quen ostenta o Poder (político, económico, mediático…), agroma unha serie de noticias que serven de pantalla trala que agochar o realmente importante. Todo aderezado con polémicas prefabricadas, con controversias ad hoc, e mesmo con xogadas de malabarismo político.

Seguir lendo “O Poder marca a axenda da actualidade.”