Máis unha vez barbarie sionista.

Novamente, o estado xenocida de Israel volveu dar mostra clara do seu nulo respecto contra da lei internacional e dos máis fundamentais dereitos humanos, asaltando co seu exército -se cadra o máis profesionalizado do mundo e con maior capacidade militar- unha frota de buques, que transportaban axuda humanitaria para a Faixa de Gaza en Palestina, territorio que padece dende hai meses un criminal bloqueo que condena a milleiros de palestinos a vivir en condicións infrahumanas.

Non son infundadas as análises que explican esta nova agresión militar israelí coma un acto deliberado, co que o sionismo gobernante pretendería dinamitar a máis mínima esperanza dun novo proceso de negociacións de cara a paz no medio oriente. Con todo, pese ao masivo rexeitamento internacional, Israel segue a exercer a súa patente de corso, que ampara nas bágoas de crocodilo -como as denominou o politólogo estadounidense, de ascendencia xudea, Norman Finkelstein- como resultado da Shoah. É o xogo que de sempre ben practicando o Estado xudeo, xustificando os seus actos criminais baixo o paraugas do Holocausto, convertendo cinicamente aos que denunciamos os seus actos de barbarie en presuntos filonazis. É evidente que a falta de argumentos para soster a súa senrazón imperialista, só lles queda a chantaxe emocional, coa que levan décadas metendo a comunidade internacional en cintura.

Seguir lendo “Máis unha vez barbarie sionista.”

A hora dos feitos.

Acadar a convivencia pacífica entre os pobos é un obxectivo mundial, que arela a inmensa maioría da humanidade. O xenocidio sionista que contra o pobo palestino está a producirse na Faixa de Gaza, provoca a reacción e a repulsa de calquera que teña a máis elemental sensibilidade humana. Hoxe todas e todos somos palestinos, tal … Seguir lendo A hora dos feitos.

Dereito á defensa?

Onte participei nun coloquio radiofónico no que tamén interviña un dirixente dun colectivo galego prosionista. Pese a habitualidade coa que me enfronto ao argumentario, que pretende xustificar o masacre xenocida que o estado de Israel está a producir en Palestina, provocoume certo shock escoitar como o citado dirixente cualificaba o ataque contra dunha escola titularidade … Seguir lendo Dereito á defensa?