O imperialismo nunca se retira.
O 20 de marzo de 2003, os EUA –coa cómplice inacción das Nacións Unidas– iniciaban a invasión do Iraq, desde territorio de Kuwait. Daba comezo a Segunda Guerra do Golfo, á que millóns de persoas no mundo nos opuxemos con todas as nosas forzas.
Disque a última brigada de combate do exército norteamericano abandonaba onte Iraq. Mais, estamos realmente diante dunha retirada norteamericana? As evidencias sinalan que non. Un terzo das case 150.000 tropas estadounidenses destacadas no Iraq ao longo da guerra e posterior invasión, permanecerán naquel país, co cometido formal de adestrar as forzas militares iraquís. Así mesmo, o goberno de Obama previsíbelmente –segundo sinalan diferentes fontes– procederá a incrementar nun 160% os mercenarios privados (camuflados baixo a fórmula de empresas de seguridade) que operan baixo o seu mandato no Iraq.