A Bruxelas.
O vindeiro mércores 11 de novembro participarei, como co-poñente galego, no seminario “Activismo político na web: como xerar discusión política en internet?”, organizado polo grupo ALE/Os Verdes (por iniciativa de ERC), no Parlamento Europeu (Bruxelas).
A delegación galega, que estará presente grazas ao traballo da voceira do BNG no P.E., Ana Miranda, confórmana tamén:
- Marcos Pérez Pena, Doutor en Ciencias da Comunicación pola USC e blogueiro.
- María Yáñez Anllo, xornalista e produtora de contidos para a Rede.
- Manuel M. Barreiro, coordinador editorial dixital.
- Xosé Manoel Pereiro, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza e blogueiro.
- Manoel Santos, presidente e fundador de Altermundo.
- Antón Baamonde, profesor de filosofía, articulista e blogueiro.
- Fernando Arrizado, redactor de Vieiros.
- Xurxo Salgado, coordinador de Galicia Confidencial.
- Filipe Díez, profesor e blogueiro.