Últimas 48h para participar na enquisa encol do debate lingüístico.

Restan apenas dous días, até o 31, para que participedes no cuestionario que a xeito de enquisa elaborei para pulsar a vosa opinión a respecto do debate suscitado polo Informe IGEA. A que agardades? Participa na enquisa . P.S.: No caso de que o número de participantes no inquérito non chegase a 100 probabelmente o … Seguir lendo Últimas 48h para participar na enquisa encol do debate lingüístico.

Outra fornada de achegas ao debate sobre o galego.

Bieito Lobeira, Gonzalo Constenla, Antón Losada, Xose Manuel Pereiro e Silvana Castro toman a palabra.

O debate xurdido en relación á orientación estratéxica e táctica do movemento de defensa da lingua continúa moi activo, e veñen de producirse novas intervencións e achegas ao mesmo.

Bieito Lobeira, portavoz en materia lingüística do Grupo Parlamentar do BNG, lanzou algúns interrogantes fundamentais nun artigo tremendamente pedagóxico que publicou no Terra e Tempo:

“Onde situar a antítese da tese oficial? Máis perto da tese, a fin de favorecer unha síntese máis achegada aos posicionamentos de quen pretende exterminar o noso idioma? En construír unha nova doutrina baixo a inxenuidade de atraer xente á causa do galego, cando en realidade actuaría como morfina ideolóxica para atenuar a dor do conflito e procurar unha morte doce, con agonía máis ou menos prolongada? Ou xa, directamente, en criminalizar unha liña de actuación coerente e historicamente funcional na defensa do galego?”

Seguir lendo “Outra fornada de achegas ao debate sobre o galego.”