Sis mesos

Hoxe cumpríronse seis meses da celebración do referendo de autodeterminación que cunha participación de máis de 2,3 millóns de catalás e cataláns, e cun 90% a prol do ‘si’, lexitimou democraticamente a proclamación da independencia do 27 de outubro. Unha independencia en suspenso in extremis, e parece que como resultado da presión de sectores do … Seguir lendo Sis mesos

Catalunya: desobediencia ou repregamento

Catalunya vive sumida nun impasse. Nunha paréntese. Nun estado de suspensión. Como suspendida fica a declaración de independencia do 10 de outubro do ano pasado, e suspendido está o estreito marco do autogoberno autonómico. O soberanismo foi quen non só de aglutinar unha indiscutíbel maioría social a prol da causa da independencia nacional, senón de … Seguir lendo Catalunya: desobediencia ou repregamento

Nin Mas, nin març: Catalunya avanza.

«Ou Mas ou març». Ese era un dos enunciados que nas últimas semanas sintetizaba a chantaxe de Junts pel Sí á CUP, para forzar o independentismo anticapitalista a investir a Mas baixo a ameaza duns novos comicios, nos que o soberanismo podía perder a maioría parlamentar. Esa idea, a da imposibilidade de que puidese haber procés sen o xa exPresident, levou a moitas –tamén en Galiza– a cuestionaren a decisión (e os motivos que a fundamentaban) adoptada pola maioría da CUP. Non só non era imposíbel, senón que finalmente foi.

Seguir lendo “Nin Mas, nin març: Catalunya avanza.”

Con Baños ou sen el, a culpa non é da CUP

O pasado domingo o Consello Político da CUP decidiu, recollendo o sentir das bases nas súas asembleas territoriais e dos colectivos que se artellan na Crida Constituent, mantérense firmes na negativa a investir a Artur Mas como President. Así se resolvía o empate que unha semana antes deixaba sen decisión concreta a Asemblea Nacional Extraordinaria (ANE). Un empate, raro pero democrático, que se desfixo con máis debate e máis democracia, confirmando a solidez da cultura política cupeira.

Seguir lendo “Con Baños ou sen el, a culpa non é da CUP”

O empate na CUP devolve a pelota ao tellado de JpS

Sabíase difícil. A decisión que tiña que adoptar a Asemblea Nacional Extraordinaria da CUP para desbloquear, nun sentido ou noutro, a situación política catalá non era sinxela. O debate encerraba unha manifesta complexidade, onde o contexto e os matices xogaban un papel importante. A ecuación que pode resolver o punto morto derivado dos resultados do 27S exixía de moito máis que aritmética, como ben apuntou Antonio Baños ao remate do conclave da CUP.

Seguir lendo “O empate na CUP devolve a pelota ao tellado de JpS”

CUP e a incógnita Mas

No titular da páxina de internacional que esta semana asino no semanario Sermos Galiza afirmo que o futuro de Catalunya está nas mans da CUP. Non é unha exaxeración. Este domingo a Asemblea Nacional Extraordinaria da Candidatura de Unitat Popular vai decidir moito máis que o futuro inmediato da gobernabilidade de Catalunya, optando por investir ou non a Artur Mas como President. A escolla está marcada polos novos cenarios abertos após os comicios cataláns do 27S, pero tamén polas eleccións xerais do 20D, e cun posíbel cambio de liderado do proceso independentista como pano de fondo. As bases da CUP despexarán a incógnita Mas.

Seguir lendo “CUP e a incógnita Mas”