O regreso de Idris I de Libia.

Esa nova bandeira que erguen os revolucionarios é a da Libia monárquica do pro-occidental Rei Idris I.

Tras as vertixinosas revoltas que tiveron lugar en Tunisia e no Exipto, que supuxeron o derrocamento dos seus máximos mandatarios (haberá que ver en que resultan finalmente), a atención mediática pousouse sobre Libia.

Apenas nada sabemos de que se acha tras desta pretendida revolución social que ameaza a continuidade de Muammar al-Gaddafi como líder deste importante país produtor petroleiro e cun papel significado no proceso de articulación continental africana que representa a Unión Africana. Que organizacións sociais ou políticas a encabezan? Que obxectivos procuran? Seguir lendo “O regreso de Idris I de Libia.”

Premio Nóbel ao anticomunismo, máis unha vez.

Liu Xiaobo foi merecedor do Premio Nóbel da Paz pola súa coincidencia cos posicionamentos do Imperialismo.

Presentado como un activista en defensa dos dereitos humanos, como un dos principais loitadores polos valores democráticos (da democracia formal do occidente capitalista), Liu Xiaobo foi a persoa escollida polo selecto Comité Nóbel para que sucedera ao pacifista Barack Obama (Presidente dos pacíficos EUA)como Premio Nóbel da Paz deste ano.

Do mesmo xeito que os mass media, literalmente ao servizo dos seus amos, converteron a un preso común, Orlando Zapata, nun mártir heroico que resistía contra da “criminosa e cruel” Cuba socialista, hoxe relevado polo televisivo Guillermo Fariñas (terceiro cubano contrarevolucionario que recibe o Premio Sajarov do Parlamento Europeo nos últimos oito anos), Liu Xiaobo foi entronizado mediáticamente como unha vítima inocente e “inxusta da totalitaria” República Popular da China. Seguir lendo “Premio Nóbel ao anticomunismo, máis unha vez.”

O imperialismo nunca se retira.

O 20 de marzo de 2003, os EUA –coa cómplice inacción das Nacións Unidas– iniciaban a invasión do Iraq, desde territorio de Kuwait. Daba comezo a Segunda Guerra do Golfo, á que millóns de persoas no mundo nos opuxemos con todas as nosas forzas.

Disque a última brigada de combate do exército norteamericano abandonaba onte Iraq. Mais, estamos realmente diante dunha retirada norteamericana? As evidencias sinalan que non. Un terzo das case 150.000 tropas estadounidenses destacadas no Iraq ao longo da guerra e posterior invasión, permanecerán naquel país, co cometido formal de adestrar as forzas militares iraquís. Así mesmo, o goberno de Obama previsíbelmente –segundo sinalan diferentes fontes– procederá a incrementar nun 160% os mercenarios privados (camuflados baixo a fórmula de empresas de seguridade) que operan baixo o seu mandato no Iraq.

Seguir lendo “O imperialismo nunca se retira.”

Alerta nuclear.

Fai semanas que Fidel Castro está a advertir de xeito reiterado sobre o risco de real de que estale un conflito nuclear de consecuencias catastróficas para a humanidade.

Os puntos quentes de risco son, novamente o Golfo e a península de Corea. No primeiro caso, a advertencia de Fidel -do que ninguén pode cuestionar a súa sempre afinada faceta como analista político-, ten a ver coa contenda que se orixinará se os EUA, alentados por Israel, deciden proceder a unha inspección forzosa dos barcos mercantes de Irán, na teima por impedir por todos os medios o desenvolvemento do programa de enerxía nuclear para usos civís e pacíficos daquel país (Irán é asinante do Tratado de Non Proliferación Nuclear, do que curiosamente non forma parte o veciño Israel).

Seguir lendo “Alerta nuclear.”

O imperialismo contra Cuba.

A morte do ficticio disidente e verificado preso común, Orlando Zapata, como resultado dunha folga de fame, foi o elemento desencadeante dunha nova campaña internacional contra Cuba, abandeirada polos EUA coa conivencia sucursalista da UE.

A campaña, alicerzada sobre a todopoderosa maquinaria mediática do sistema, ten moito de falaz e inda máis de cínica, pois deixa en evidencia máis unha vez as dobres -ou triples- varas de medir que empregan as grandes potencias. Xa que mentres estados nos que se segue a cometer a tortura (coma Israel ou os propios EUA), ou onde os dereitos democráticos son cercenados por leis coma a Lei de Partidos (caso do Estado español), son seica incuestionábeis democracias, Cuba é un perigoso réxime totalitario.

Seguir lendo “O imperialismo contra Cuba.”

Fragmentos plenamente vixentes.

queremosgalego_lecturacontinuadavigo (1)Este mércores 14 tivo lugar en Vigo unha exitosa lectura inisterrumpida en galego, organizada pola Plataforma Queremos Galego, para quentar motores de cara a mobilización do domingo.

Fun un dos participantes do acto, e para a lectura escollín uns fragmentos do libro o “Problemática nacional e colonialismo, o caso galego” de Francisco Rodríguez e Ramón L. Suevos, que pese a ter sido publicado por edicións Xistral en 1978 o seu contido encerra plena vixencia. Pego a continuación o texto completo que lin:

Seguir lendo “Fragmentos plenamente vixentes.”

Artigo de Guillerme Vázquez sobre o Afganistán.

A continuación reproduzo, polo seu interese e valor clarificador, o artigo do Portavoz Nacional do BNG a respecto da presenza de tropas do Estado español no Afganistán, publicado no día de hoxe:

Afganistán

Por Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG

O Estado español continúa enlamado na operación Afganistán. Non se ten dado por parte do Goberno ningún argumento de peso que xustifique por que a día de hoxe mantén tropas no país asiático, oito anos despois do ataque ás Torres Xemelgas. É certo que a opinión pública non segue a guerra do Afganistán coa mesma paixón coa que seguiu a de Iraq, seguramente porque está moito menos presente na axenda mediática, mais a verdade é que soldados españois participan en accións bélicas no Afganistán, con serio risco das súas vidas, e colaboran na ocupación do país baixo a lideranza dos Estados Unidos.

Seguir lendo “Artigo de Guillerme Vázquez sobre o Afganistán.”

Máis tropas invasoras.

Dende que o 7 de outubro de 2001, menos dun mes despois dos atentados do 11-S, se iniciara a invasión do Afganistán (baixo a cínica denominación de Operación Liberdade Duradeira), distintas fontes apuntan a que xa van arredor de 6.500 civís mortos.

En datos da Unidade de Dereitos Humanos da Misión de Axuda das Nacións Unidas no Afganistán (UNAMA), só do 1 de xaneiro ao 30 de xuño deste ano rexistráronse 1.013 baixas civís, un 24% máis que no mesmo período dos dous anos anteriores. Demóstrase con claridade a relación causa-efecto, por outra parte lóxica, do incremento da presenza militar dos EUA con base na doutrina Obama, co aumento das vítimas civís. Seguir lendo “Máis tropas invasoras.”

Ofensiva municipal contra o galego.

A regresiva posición contra o galego do Partido Popular, que amosa hoxe a súa faciana máis españolista por ser refén das teses de grupúsculos reaccionarios e ultraminoritarios como Galicia Bilingüe, non é nin unha pose finxida nin un mero xesto electoralista orientado aos sectores máis colonizados. Trátase dunha aposta táctica firme, que nace dunha concepción de calado ideolóxico, e que nos guste ou non ten incidencia nalgúns sectores da nosa sociedade.

A interpretación triunfalista e desenfocada dos resultados electorais que devolveron ao PP ao goberno da Xunta, explica en boa medida a insistencia nesa estratexia. Pensa o PP de Feijóo que teimar na cruzada contra o galego daralle positivos réditos electorais futuros. Veremos se esta ofensiva non se lle volve en contra, tendo en conta a crecente oposición social e dos procesos mobilizadores que se desenvolverán ao longo do outono.

Seguir lendo “Ofensiva municipal contra o galego.”

Honduras, crónica dun golpe anunciado.

En Honduras o que era previsíbel converteuse en horas nun feito consumado.  Porén, hai elementos que indican que este golpe militar, alén de ser un maiúsculo atropelo totalitario perpetrado pola oligarquía hondureña (sucursal da oligarquía mundial), non é un golpe máis. A reacción internacional sorprendeu por ter sido menos tímida do agardado, mesmo demostrandose inesperadamente … Seguir lendo Honduras, crónica dun golpe anunciado.