[!] Resultados da enquisa: Ao fío do debate lingüístico.

A maioría discrepa das teses do IGEA, avala a actual posición do BNG e aposta pola hexemonía social do galego como obxectivo estratéxico.

Rematado o período de votación na enquisa, que se iniciou o 24 de decembro e rematou o derradeiro día do pasado ano 2010, a seguir preséntovos unha síntese co máis destácabel dos resultados da mesma. Seguir lendo “[!] Resultados da enquisa: Ao fío do debate lingüístico.”

Últimas 48h para participar na enquisa encol do debate lingüístico.

Restan apenas dous días, até o 31, para que participedes no cuestionario que a xeito de enquisa elaborei para pulsar a vosa opinión a respecto do debate suscitado polo Informe IGEA. A que agardades? Participa na enquisa . P.S.: No caso de que o número de participantes no inquérito non chegase a 100 probabelmente o … Seguir lendo Últimas 48h para participar na enquisa encol do debate lingüístico.

"É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua"

Culpabilizar ao nacionalismo galego da situación do noso idioma é tanto como acusar ao movemento anti-apartheid da discriminación racial que combatía.

Conforme o debate/polémica encol da necesidade (ou non) de reformulación do discurso que ha de soster o movemento de defensa da lingua xurdido ao abeiro do Informe IGEA, máis ás claras vai quedando o que realmente subxace tras del. Baixo esa aparente pretensión de remozar e anovar o discurso en defensa do galego agroman cada vez con maior claridade posicións que teñen intencións ben diferentes. Disto xa falei nun recente artigo, ao denunciar a intención oculta de aproveitar este debate sobre o xeito no que actuarmos para modificar os obxectivos da nosa actuación.

Mais hai algunhas intervencións públicas que resultan tremendamente preocupantes por presentar “argumentacións” certamente inaceptábeis. Unha das que maior indignación me provocou é da autoría de XOsse Dorrío, que nun comentario no grupo de Facebook “Debate sobre un novo discurso lingüístico” -impulsado por Filipe Diez-, que é un dos puntos da Rede onde se está a concentrar o intercambio de pareceres que algúns queren elevar á categoría de debate, deitou a barbaridade que vos presento a seguir: Seguir lendo “"É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua"”

“É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua”

Culpabilizar ao nacionalismo galego da situación do noso idioma é tanto como acusar ao movemento anti-apartheid da discriminación racial que combatía.

Conforme o debate/polémica encol da necesidade (ou non) de reformulación do discurso que ha de soster o movemento de defensa da lingua xurdido ao abeiro do Informe IGEA, máis ás claras vai quedando o que realmente subxace tras del. Baixo esa aparente pretensión de remozar e anovar o discurso en defensa do galego agroman cada vez con maior claridade posicións que teñen intencións ben diferentes. Disto xa falei nun recente artigo, ao denunciar a intención oculta de aproveitar este debate sobre o xeito no que actuarmos para modificar os obxectivos da nosa actuación.

Mais hai algunhas intervencións públicas que resultan tremendamente preocupantes por presentar “argumentacións” certamente inaceptábeis. Unha das que maior indignación me provocou é da autoría de XOsse Dorrío, que nun comentario no grupo de Facebook “Debate sobre un novo discurso lingüístico” -impulsado por Filipe Diez-, que é un dos puntos da Rede onde se está a concentrar o intercambio de pareceres que algúns queren elevar á categoría de debate, deitou a barbaridade que vos presento a seguir: Seguir lendo ““É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua””

Outra fornada de achegas ao debate sobre o galego.

Bieito Lobeira, Gonzalo Constenla, Antón Losada, Xose Manuel Pereiro e Silvana Castro toman a palabra.

O debate xurdido en relación á orientación estratéxica e táctica do movemento de defensa da lingua continúa moi activo, e veñen de producirse novas intervencións e achegas ao mesmo.

Bieito Lobeira, portavoz en materia lingüística do Grupo Parlamentar do BNG, lanzou algúns interrogantes fundamentais nun artigo tremendamente pedagóxico que publicou no Terra e Tempo:

“Onde situar a antítese da tese oficial? Máis perto da tese, a fin de favorecer unha síntese máis achegada aos posicionamentos de quen pretende exterminar o noso idioma? En construír unha nova doutrina baixo a inxenuidade de atraer xente á causa do galego, cando en realidade actuaría como morfina ideolóxica para atenuar a dor do conflito e procurar unha morte doce, con agonía máis ou menos prolongada? Ou xa, directamente, en criminalizar unha liña de actuación coerente e historicamente funcional na defensa do galego?”

Seguir lendo “Outra fornada de achegas ao debate sobre o galego.”

Paco Rodríguez retruca ao IGEA.

Cualifica de “estratexia da confusión” a liña proposta polo instituto presidido por Anxo Quintana en relación á normalización do noso idioma.

Se algo define a Francsico Rodríguez, (membro da Executiva Nacional do BNG e Secretario Xeral da UPG), e a súa indiscutíbel cualificación científica e política para abordar todo relacionado coa nosa lingua. Perante o debate xurdido arredor do polémico informe do IGEA no que o instituto “galeguista” promovía o “bilingüismo restitutivo”, Paco Rodríguez ven facer público o seu retruque ás teses daquel a través dun extenso artigo publicado na edición dixital do Terra e Tempo.

A seguir comparto algúns fragmentos do texto que seleccionei pola súa relevancia e interese: Seguir lendo “Paco Rodríguez retruca ao IGEA.”

Hexemonía social do galego.

Máis un retruque aos novos defensores do bilingüismo prostitutivo.

Un recente informe do IGEA que preside Anxo Quintana, provocou un debate a respecto de cal debe ser a orientación estratéxica da defensa da lingua galega e sobre a definición dos obxectivos últimos do proceso normalizador.

Nun artigo en resposta ao elaborado retruque de Pilar García Negro –que comparto integramente–, Quintana deixaba caer a idea de que nun mundo globalizado unha Galiza monolingüe no seu idioma propio non só non é posíbel, senón que non é desexábel. Ficamos pois diante dun novo episodio do que o sociolingüista George Lakoff cualificaría de adscrición ao marco conceptual do inimigo. Seguir lendo “Hexemonía social do galego.”