
Fronte á ditadura do aparente, que sostén a artificiosa mercadotecnia oficial, onde cada cousa non é o que realmente é senón apenas o que representa, o que aparenta, só un ollar crítico dunha realidade inobxectivábel nos axudará a non afogar na maré uniformadora do pensamento único.
Feijóo para defender o decretazo antigalego, enarborou a bandeira da liberdade de elección para que as nais e pais, disque, escollesen o idioma no que han estudar os seus fillos. Esa foi a falacia, disfrazada de argumento, que se repetiu cen e mil veces para soster o insostíbel. Porén, o decreto finalmente aprobado, coa oposición da maioría das e dos galegos -visibilizada en masivas mobilizacións- e co rexeitamento de innumerábeis organismos e institucións -incluído o Consello Consultivo, a RAG ou o Consello da Cultura Galega-, exclúe ese exercicio libertino ao non incluír a posibilidade de desenvolver consultas ás nais e pais. Verifícase pois, que a decisión do PP era estratéxica, e que ía moi alén dese falso debate sobre a liberdade. O obxectivo ficou demostrado que era o de reducir a presenza do noso idioma no ensino, como paso fundamental para pór en xaque o noso principal alicerce identitario como nación.
Seguir lendo “Tempos para a verificación”