Si, é o discurso

Non é novo o desprezo cara ao discurso na análise política, nomeadamente á hora de debullar determinados comportamentos electorais. Ao fío dos resultados do pasado 20D, lense e escóitanse algunhas valoracións que teiman en insistir nesa chave, como unha manifestación máis do paternalismo co que se adoita infantilizar –consciente ou inconscientemente– o electorado.

Seguir lendo “Si, é o discurso”

Represión anticomunista, o capital reaxe.

communist_motto_dog_tag_pendant

O sistema, vítima da súa incapacidade para facer fronte a esta grave crise, nunha situación de colapso de facto, quere impedir por todos os medios que as maiorías sociais aproveiten o espazo de oportunidade desta conxuntura para alterar a vixente correlación de forzas que as somete. A represión intensificase e esténdense, coa mesma forza coa que agroman nas diferentes latitudes do mundo expresións firmes en favor dun cambio de sistema. Os sucesos en Copenhague son apenas o exemplo máis notorio e televisivo, dunha realidade que se sucede de xeito cotiá nos centros de traballo, nas vilas e cidades, tanto da periferia coma do centro do sistema.

Imperialismo

O imperialismo volve sacar garra belicista. Sabedores de que a súa potencia radica na capacidade militar -xa que logo na capacidade de matar e destruír-, as potencias imperialistas, nomeadamente os EUA, baixo a carauta amábel de Obama (quen se está a demostrar continuamente como unha contradición programada e funcional ao propio sistema, e non como un síntoma da máis mínima esperanza), está a engraxar a súa maquinaria de guerra.

Seguir lendo “Represión anticomunista, o capital reaxe.”

A chave está na definición.

O BNG, como proxecto político transformador, ten padecido dun tempo a esta parte a intención de desnaturalizalo, de mutalo e facer del o que non é. Tentárono segmentos residuais, hoxe basicamente fóra do Bloque, que pretendían dende o infantilismo ultraesquerdista, enrocar á fronte na marxinalidade social cun discurso radicaloide á par que insubstancial. Téntano os … Seguir lendo A chave está na definición.