Máis debate sobre a lingua.

Novas achegas e intervencións tralo polémico informe do IGEA.

O rebrotado debate encol da situación do noso idioma, xurdido trala polémica suscitada arredor dun informe do IGEA no que se apostaba polo “bilingüismo restitutivo” e no que interviñen cun recente artigo titulado “Hexemonía social do galego“, continúa aberto.

Manuel Mera, histórico dirixente sindical do nacionalismo, na súa columna en Xornal de Galicia -titulada “Debatendo máis que de lingua”– sinalaba outros flancos do debate, afirmando que este ía alén do tema en cuestión. “Estas posturas non son casuais, os grandes atrancos sempre alentan o derrotismo e o aventureirismo en sectores das forzas que deben vencelos” afirmaba nun treito do artigo. Seguir lendo “Máis debate sobre a lingua.”