Premio Nóbel ao anticomunismo, máis unha vez.

Liu Xiaobo foi merecedor do Premio Nóbel da Paz pola súa coincidencia cos posicionamentos do Imperialismo.

Presentado como un activista en defensa dos dereitos humanos, como un dos principais loitadores polos valores democráticos (da democracia formal do occidente capitalista), Liu Xiaobo foi a persoa escollida polo selecto Comité Nóbel para que sucedera ao pacifista Barack Obama (Presidente dos pacíficos EUA)como Premio Nóbel da Paz deste ano.

Do mesmo xeito que os mass media, literalmente ao servizo dos seus amos, converteron a un preso común, Orlando Zapata, nun mártir heroico que resistía contra da “criminosa e cruel” Cuba socialista, hoxe relevado polo televisivo Guillermo Fariñas (terceiro cubano contrarevolucionario que recibe o Premio Sajarov do Parlamento Europeo nos últimos oito anos), Liu Xiaobo foi entronizado mediáticamente como unha vítima inocente e “inxusta da totalitaria” República Popular da China. Seguir lendo “Premio Nóbel ao anticomunismo, máis unha vez.”

O imperialismo nunca se retira.

O 20 de marzo de 2003, os EUA –coa cómplice inacción das Nacións Unidas– iniciaban a invasión do Iraq, desde territorio de Kuwait. Daba comezo a Segunda Guerra do Golfo, á que millóns de persoas no mundo nos opuxemos con todas as nosas forzas.

Disque a última brigada de combate do exército norteamericano abandonaba onte Iraq. Mais, estamos realmente diante dunha retirada norteamericana? As evidencias sinalan que non. Un terzo das case 150.000 tropas estadounidenses destacadas no Iraq ao longo da guerra e posterior invasión, permanecerán naquel país, co cometido formal de adestrar as forzas militares iraquís. Así mesmo, o goberno de Obama previsíbelmente –segundo sinalan diferentes fontes– procederá a incrementar nun 160% os mercenarios privados (camuflados baixo a fórmula de empresas de seguridade) que operan baixo o seu mandato no Iraq.

Seguir lendo “O imperialismo nunca se retira.”

Alerta nuclear.

Fai semanas que Fidel Castro está a advertir de xeito reiterado sobre o risco de real de que estale un conflito nuclear de consecuencias catastróficas para a humanidade.

Os puntos quentes de risco son, novamente o Golfo e a península de Corea. No primeiro caso, a advertencia de Fidel -do que ninguén pode cuestionar a súa sempre afinada faceta como analista político-, ten a ver coa contenda que se orixinará se os EUA, alentados por Israel, deciden proceder a unha inspección forzosa dos barcos mercantes de Irán, na teima por impedir por todos os medios o desenvolvemento do programa de enerxía nuclear para usos civís e pacíficos daquel país (Irán é asinante do Tratado de Non Proliferación Nuclear, do que curiosamente non forma parte o veciño Israel).

Seguir lendo “Alerta nuclear.”

O inimigo é o capitalismo.

Vía LibreRed accedín ao vídeo que vos deixo a continuación. Nel o veterano de guerra, ex-combatente do exército dos EUA, Mike Prysner, fai unha intensa intervención criticando a invasión imperialista do Iraque, a partires da súa testemuña como parte implicada no conflito. A súa vibrante locución ten fragmentos de importante valor como no que sinala … Seguir lendo O inimigo é o capitalismo.

Artigo de Guillerme Vázquez sobre o Afganistán.

A continuación reproduzo, polo seu interese e valor clarificador, o artigo do Portavoz Nacional do BNG a respecto da presenza de tropas do Estado español no Afganistán, publicado no día de hoxe:

Afganistán

Por Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG

O Estado español continúa enlamado na operación Afganistán. Non se ten dado por parte do Goberno ningún argumento de peso que xustifique por que a día de hoxe mantén tropas no país asiático, oito anos despois do ataque ás Torres Xemelgas. É certo que a opinión pública non segue a guerra do Afganistán coa mesma paixón coa que seguiu a de Iraq, seguramente porque está moito menos presente na axenda mediática, mais a verdade é que soldados españois participan en accións bélicas no Afganistán, con serio risco das súas vidas, e colaboran na ocupación do país baixo a lideranza dos Estados Unidos.

Seguir lendo “Artigo de Guillerme Vázquez sobre o Afganistán.”

A orde criminal do mundo

Interesante documental, no que se recollen as análises de, entre outros, Jean Ziegler e Eduardo Galeano, sobre a actual orde mundial, e a necesidade de derrubar o capitalismo, para reconquistar a dignidade para a humanidade. Moi recomendábel. [kml_flashembed movie=”http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=-639917879259387994″ width=”400″ height=”326″ wmode=”transparent” /] Seguir lendo A orde criminal do mundo

Hai que pasar á acción, por xustiza.

[kml_flashembed movie=”http://es.youtube.com/v/e3WPvcl3P40″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Alguén ve outra cousa que o xenocidio imperialista-sionista ao povo palestino? As máis de 1000 vítimas inocentes do último ataque a Gaza, das cais 300 foron asasinadas polo exercito de Israel, son un sinal rotundo e inequívoco de que temos que PASAR Á ACCIÓN. PALESTINA VECENCERÁ! *Fotografías: 20Minutos. Seguir lendo Hai que pasar á acción, por xustiza.