As vitorias do espellismo reformista

As presidenciais francesas saldáronse coa vitoria da alternancia representada polo social-liberal François Hollande fronte ao neocon Sarkozy. Os comicios lexislativos en Grecia tiveron un resultado inédito mais non sorpresivo.

O certo é que o núcleo duro do eixo neoliberal foi claramente derrotado en ambos procesos electorais. As forzas políticas obedientes aos ditados da troika neoliberal (Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional) foron moi castigadas, especialmente no caso grego. Nese senso ambos resultados poden constituír un síntoma positivo. Un sinal de incipiente reacción social fronte a ofensiva do capital e a súa política de saqueo contra as clases populares. Porén, nas eleccións desta fin de semana triunfou fundamentalmente o espellismo das falsas ilusións.

Seguir lendo “As vitorias do espellismo reformista”

Sobre o que está a acontecer en Grecia (II)

COMUNICADO DO COMITÉ CENTRAL DA XUVENTUDE COMUNISTA DE GRECIA (KDE) Tradución: Xabier P.I. (Vía) Condenamos o asasinato a sangue fría do mozo de 15 anos Alexandros-Andreas Grigoropoulos, cometido por un policía no área ateniense de Exarchia. A xefatura das forzas policiais e o goberno teñen unha enorme responsabilidade nesto. Este incidente é resultado da educación … Seguir lendo Sobre o que está a acontecer en Grecia (II)

Sobre o que está a acontecer en Grecia (I)

Foto de Alexandros-Andreas Grigoropoulos asasinado a mans da policía grega. Dentro do barullo mediático habitual é relativamente complexo facerse con información libre de manipulación sistémica, e que ofreza un contrapunto ás teses que o mass media oficial están a difundir como “información” a respecto do que está a acontecer en Grecia. Moi recomendábel o artigo … Seguir lendo Sobre o que está a acontecer en Grecia (I)