Non haberá novas eleccións xerais: seguirá a gobernar a Troika

Gobernará a Troika. No Estado español seguirá a mandar o grande empresariado e a banca, o capital. Eis a única certeza sobre quen ocupará a Moncloa após os resultados das eleccións xerais do 20D. O bipartidismo sistémico, PP-PSOE, retrocedeu, si. Porén, o principal cambio nese bloque é que pasa a se formular en tridente con Ciudadanos. Así a Troika continúa a ter maioría absoluta no Congreso, con 253 escanos.

Seguir lendo “Non haberá novas eleccións xerais: seguirá a gobernar a Troika”

Cuestións ao fío do 27-X.

Asinarán CCOO e UXT un acordo in extremis co goberno posibilitado por unha lixeira matización da reforma?

O feito de que a CIG dese un importante paso á fronte, apostando por convocar unha nova xornada de folga xeral, desta volta contra da pretendida reforma das pensións, alén de ser unha decisión oportuna e valente, que volve evidenciar a firmeza combativa do seu modelo sindical ben afastado das coordenadas pactistas doutros, coloca algunhas cuestións importantes.

Unha delas trata sobre que farán finalmente as centrais sindicais estatais, CCOO e máis a UXT, unha vez o sindicalismo nacionalista en Euskadi-Nafarroa e máis en Galiza tomou a iniciativa colocando unha data concreta, a do 27 de xaneiro. Semella que o sindicalismo español é refén das súas propias contradicións e a súa práctica entreguista dos últimos anos a través do denominado Pacto Social. Ficarán á marxe desbotando a folga? Convocarán un paro parcial? Asinarán un acordo in extremis co goberno posibilitado por unha lixeira matización da reforma? Nesta altura non se pode desbotar ningunha das opcións enunciadas. Seguir lendo “Cuestións ao fío do 27-X.”