O vento é noso

O concurso público para adxudicación da produción de 2.290 megavatios de enerxía eólica xa rematou. O proceso, pese ao teimudo interese en boicotealo por parte do PSOE e do PP, demostrou no formal a súa total transparencia e no resultado a súa relevancia estratéxica para Galiza. O dato máis destacábel é que  máis dun 14% … Seguir lendo O vento é noso

A espiña da Frouxeira

Por Marcos Maceiras (Tirado de GZ Nación o 23-12-08) “A Frouxeira será sempre una espiña cravada no corazón de Castela”, dicíase nesa magnífica obra de Cabanillas e Vilar Ponte: O Mariscal. Os clásicos do nacionalismo tomaron o asasinato do Marechal Pedro Pardo de Cela o 17 de decembro de 1483, como data de referencia do … Seguir lendo A espiña da Frouxeira

Máis soberanía.

Somos un país simpático. Só así se pode entender un feito tan relevante como o do traspaso de competencias do Estado a Galiza, en materias tan importantes como a xestión de museos, bibliotecas, arquivos, becas ao estudo, o saldo da débeda de superficie, a inspección de traballo e instalacións patrimoniais, teña pasado aparentemente desapercibido. Esas … Seguir lendo Máis soberanía.

Debate ou pantomima?

Os motores da campaña electoral das autonómicas do vindeiro mes de marzo xa están quentes e comezan a ruxir. Como en todas as precampañas un dos asuntos que agroman de entrada é se vai haber ou non debates, televisados que non televisivos, entre os candidatos das principais forzas políticas. Segue a ser unha tarefa pendente, … Seguir lendo Debate ou pantomima?

O exemplo de Mos.

O municipio de Mos, na comarca de Vigo, estivo estes últimos días de sonada actualidade. O feito que lanzou á primeira plana informativa a este concello de menos de 15.000 habitantes, pero de crecente importancia dentro da área metropolitana viguesa, foi a moción de censura presentada polo Partido Popular e que co apoio do tránsfuga … Seguir lendo O exemplo de Mos.

Actos de celebración do XX aniversario de Galiza Nova en Vigo

Charla | XX anos organizando mocidade, XX anos facendo patria” 19:00h Centro Cívico do Casco Vello (Rúa Oliva 3- Vigo) Presenta: Adrián Rodríguez Bravo – Responsábel Local de GN de Vigo Falarán: •    Anxo Igrexas Covelo – Ex Responsábel Comarcal de GN de Vigo. •    Manuel Caride correa – Ex membro da dirección nacional de … Seguir lendo Actos de celebración do XX aniversario de Galiza Nova en Vigo

¡Galiza ceive, poder popular!

Un 6 de decembro máis a pompa españolista emprega toda a súa artillería, dende o institucional-protocolario até o ámbito metasimbólico, disque para celebrar a aprobación da Constitución Española de 1978. Un texto, o da “constitución colonial“, como ben se definira por un amplo sector do nacionalismo galego na época na que xermolou a carta magna, … Seguir lendo ¡Galiza ceive, poder popular!

Suárez Picallo

Ramón Suárez Picallo é unha desas figuras que pese a súa inxente achega política e persoal ao noso país en xeral, e ao nacionalismo galego en particular, acostuman pasar desapercibidas, e son descoñecidas para unha grande parte no só do noso povo senón mesmo da militancia organizada. Hai 44 anos que faleceu no sanatorio do … Seguir lendo Suárez Picallo