A piques da fusión.

Semella que a fusión das caixas de aforro está a entrar na recta final e o seu proceso podería comezar en semanas.

Este previsíbel resultado oponse ao planificado polo poder central español, que hai apenas uns meses tiña a decisión tomada de privar a Galiza de caixas de aforro de seu, mediante absorcións frías ou quentes (SIP ou fusións) por parte de caixas foráneas, no marco da súa estratexia de españolización (presentada como desligazón territorial das entidades) e de paulatina privatización das caixas de aforro, simplificando deste xeito o mapa financeiro do Estado en beneficio da gran banca privada. Choca tamén coa intoxicación localista que estivo presente durante todos estes meses, e que explica en boa medida a posición vacilante e pouco seria do PSdeG, que basculaba entre o discurso tímido de Pachi Vázquez e as soflamas demagóxicas dun Abel Caballero botado ao monte do electoralismo, ao máis puro estilo pacovazquista.

Seguir lendo “A piques da fusión.”

Hai alternativa!

Cando ficamos ás portas dos 250.000 desempregados/as reais, e cando se están a facer máis visíbeis os graves efectos e consecuencias que a vixente crise sistémica do capitalismo está a ter contra das clases populares, o social-liberalismo representado polo PSOE volve teimar en formulacións moi próximas á doutrina neoliberal que provocou a crise. A proposta de reforma laboral do goberno central, é unha demostración tanxíbel e obxectivábel do aliñamento do PSOE cos intereses da grande patronal.

Seguir lendo “Hai alternativa!”

Referencias internacionais

Estes días agromou nos media un debate, interesado, a respecto das referencias internacionais que reivindica o nacionalismo galego xuvenil. A pretensión era clara: presentar ao nacionalismo galego como defensor de presuntas ditaduras (destacadamente a cubana) ademais connotadas pola súa orientación socialista, nun escenario de crecente anticomunismo oficial.

Hai quen mesmo confundiu, demagoxicamente, a solidariedade internacionalista e antiimperialista con Bolivia, Venezuela, Cuba ou Ecuador, cunha presunta vontade de trasladar mimeticamente eses modelos (a todo isto, moi heteroxéneos entre si) a Galiza. Algo que resultaría absurdo, sinxelamente porque a nosa realidade social, política, económica, histórica e cultural, ten manifestas especificidades de seu, e polo tanto as súas problemáticas específicas esixen tamén de respostas específicas. Porén, efectivamente si que hai criterios ou liñas políticas xerais presentes nesas experiencias que o nacionalismo galego, no seu conxunto e dende practicamente o seu nacemento contemporáneo, ten incorporado en maior ou menor medida no seu proxecto político.

Seguir lendo “Referencias internacionais”

Segregación subvencionada.

Partindo de que o ensino é un servizo e un dereito social fundamental, e que o seu acceso debera ser universal e gratuíto en todos os tramos educativos, resulta incomprensíbel a teimosía de seguir a manter con inxentes cantidades de recursos públicos negocios privados no eido do ensino, ou o que popularmente se coñece por colexios concertados.

Nestes centros, é moi frecuente, por non dicir maioritaria, a precariedade laboral do profesorado, as interpretacións sectarias da realidade, a negación de dereitos fundamentais do estudantado como o de folga ou reunión. O seu funcionamento, ao ser unha estrutura puramente empresarial, é completamente antidemocrático e verticalizado, convertendo ao profesorado en meros asalariados, ás nais e aos pais en clientes, e ao alumnado en receptor sen dereitos nin opinión. Os métodos pedagóxicos pivotan ás máis das veces nunha interpretación cuase totalitaria do auctor?tas docente, obviando a participación e inter-relación como elementos favorecedores da aprendizaxe, optando pola transmisión unidireccional de coñecementos e fuxindo de ensinar a pensar.

Seguir lendo “Segregación subvencionada.”

Estatuto, e conciencia, de nación.

A proximidade do inicio do curso político volveu poñer en primeira plana a posíbel reforma do Estatuto de Autonomía do noso país.

O Partido Popular xa se apresurou por boca de Mariano Rajoy (utilizando de xeito partidista a Radio Galega) a tentar botar terra sobre o debate, a golpe da afirmación demagóxica e desnortada de que a reforma estatutaria non é unha prioridade. Feijóo, obediente coma sempre ás instrucións da súa matriz española, fixo o propio dicindo que compre agardar á resolución xudicial do Estatut catalán, e adiantando a súa oposición frontal a que no hipotético novo estatuto se recolla o carácter nacional de Galiza. Nada sorpresivo, pois.

Seguir lendo “Estatuto, e conciencia, de nación.”

Primeiro aviso a Feijóo.

Unha marea cívica ateigou onte as rúas de Compostela de dignidade, nunha histórica manifestación en defensa do galego. A convocatoria de A Mesa pola Normalización Lingüística foi seguida por preto de cincuenta mil persoas, que a berros e baixo unha intensísima choiva, esixíronlle a Núñez Feijóo que abandone as súas pretensións españolistas, que trala suposta … Seguir lendo Primeiro aviso a Feijóo.

Cambio no Bloque.

Os resultados da Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG, que tivo lugar o domingo pasado en Compostela, son a estas horas sobradamente coñecidos. Guillerme Vázquez, contra o prognóstico do oficialismo mediático, foi elixido novo portavoz nacional da fronte nacionalista. O maioritario apoio recibido pola candidatura encabezada por Guillerme Vázquez, que resultou a máis votada tanto para … Seguir lendo Cambio no Bloque.

Nova xeira do nacionalismo.

Este domingo, preto de 2500 delegadas e delegados, constituirán a Asemblea Nacional Extraordinaria do Bloque Nacionalista Galego, que terá como principiais cometidos, a análise dos resultados do pasado 1M, e a conseguinte redefinición en termos políticos, programáticos e tácticos, así como a elección dos novos organismos de dirección da fronte, e a súa portavocía nacional. … Seguir lendo Nova xeira do nacionalismo.

Blogaliza 2.0

A comunidade Blogaliza acolle a máis de 1.700 blogues en galego (sobre temas literarios, educativos, blibiotecarios, deportivos, persoais, políticos, etc.) e máis de 6.000 usuarios/as rexistrados/as. A portada de Blogaliza amosaba até agora o último publicado no blogomillo, todos os blogues escritos en galego, na propia Blogaliza ou noutros sistemas, máis o directorio deste crecente … Seguir lendo Blogaliza 2.0