Clamor estudantil contra os recortes

Este xoves tiveron lugar, no noso país, preto dunha vintena de mobilizacións estudantís contra os recortes no ensino anunciados polo Partido Popular. As convocatorias impulsadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e de xeito especial polas organizacións xuvenís e estudantís nacionalistas, congregaron a milleiros de estudantes. Na Coruña e Compostela manifestáronse de 4.000 … Seguir lendo Clamor estudantil contra os recortes

Acto de GN en Vigo pola Autodeterminación!

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova de Vigo organiza un ACTO PÚBLICO, no marco da campaña “A nosa lingua, a nosa nación, Autodeterminación!”, mañá domingo 6 de decembro (día da Constitución), e que ten por obxecto aproveitar esa data para reivindicar o dereito de libre autodeterminación e a defensa do noso idioma, que a actual consitución … Seguir lendo Acto de GN en Vigo pola Autodeterminación!

Tras a undécima Asemblea Nacional.

XIAsembleaGalizaNovaPequena

Galiza Nova acaba de celebrar esta fin de semana a súa XI Asemblea Nacional baixo o lema Organizando a mocidade, loitando pola Patria Galega!, na que varios centos de mozas e mozos analizamos a realidade política nacional e internacional, a situación da mocidade en particular, así como as necesidades e os retos no eido organizativo.

Foron dous días marcados pola intensidade do debate, rico e plural como non podía ser doutro xeito, nos que a organización xuvenil do BNG se puxo a punto para encarar os vindeiros anos cun duplo obxectivo: ampliar a incidencia social da organización, apostando por unha GN actuante, e agrandar a propia organización, incorporando máis mozas e mozos ao proxecto emancipador, nacional e socialmente, que o nacionalismo galego representa para o noso país.

Seguir lendo “Tras a undécima Asemblea Nacional.”

Galiza Nova de Vigo esixe o cese da violencia policial contra das/os traballadores do Metal.

Comunicado remitido aos media, a respecto do acontecido na decimo quinta xornada de folga do Metal de Pontevedra: A organización xuvenil do BNG en Vigo, reitera a súa petición de dimisión do Subdelegado do Goberno en Pontevedra. Vigo, martes 23 de xuño de 2009.- Perante o novo episodio de inxustificada represión policial acontecido na mañá … Seguir lendo Galiza Nova de Vigo esixe o cese da violencia policial contra das/os traballadores do Metal.

Galiza Nova de Vigo rexeita a represión policial na folga do metal.

COMUNICADO GALIZA NOVA DE VIGO APOIA ÁS/AOS TRABALLADORAS/ES DO METAL NA SÚA SEXTA XORNADA DE FOLGA. A organización xuvenil do BNG en Vigo rexeita a represión policial e reclama explicacións ao Delegado e Subdelegado do Goberno. Vigo, xoves 4 de xuño de 2009.- Perante a sexta xornada de folga que as e os traballadores do … Seguir lendo Galiza Nova de Vigo rexeita a represión policial na folga do metal.

Conxuga.

Por Conxuga é como moitos coñecemos o Consello da Xuventude de Galiza (CXG), organismo de ámbito autonómico con status consultivo perante a Xunta de Galiza, que a inmensa maioría da sociedade, e xa non digamos da mocidade, non coñece, nin sabe para que serve nin o que fai. O certo é que pese a ser … Seguir lendo Conxuga.