‘Sermos Galiza’ xa é

Hoxe constituíse formalmente o grupo de comunicación ‘Sermos Galiza‘. Esta mañá en Compostela tivo lugar a súa primeira Xunta Xeral de Accionistas, na que tiven o gusto de participar. Optouse pola fórmula de sociedade anónima para dar mellor acubillo legal a un proxecto alicerzado nun numeroso accionariado popular, cun gran número de pequenas achegas. Porén, como afirmou Manuel Mera -un dos integrantes do Grupo Promotor que pilotou a xestación do proxecto- ‘Sermos Galiza’ nace como ‘unha verdadeira empresa social, no seu pleno senso’.

Un grupo moi numeroso de persoas ateigaron a sala do Hotel Araguaney facéndoa ficar pequena. Había unha ampla representación de activistas dos movementos sociais, do mundo da cultura e do movemento nacionalista galego. Mais predominaron persoas descoñecidas que puñan en evidencia a base popular do proxecto. Había, e hai, moita fame social de medios de comunicación de noso na nosa lingua. ‘Non agardamos por unha burguesía comprometida, tomamos a iniciativa desde a base’ explicou Teresa Moure.

Seguir lendo “‘Sermos Galiza’ xa é”

Reclámalle á Xunta que na Casa de Galiza en Madrid atendan en galego!

Denunciouno Carlos Callón no seu blogue. A Delegación da Xunta de Galiza en Madrid non atende no noso idioma, malia que lle sexa pedido pola persoa atendida. Hai uns minutos chamei persoalmente ao ao 91 595 42 00 e puiden comprobar que efectivamente non se ofrece atención no noso idioma. Ao requerirlla a quen me … Seguir lendo Reclámalle á Xunta que na Casa de Galiza en Madrid atendan en galego!

Sermos Galiza na comunicación.

O peche do GH fixo que volvese agromar o debate a respecto da necesidade nacional de térmonos uns media propios, que se asenten na defensa e dignificación da nosa identidade, da nosa lingua e da nosa cultura, e que axan como activas palestras para a defensa dos intereses e dereitos do noso pobo.

A conmoción levou ao loito, o loito ao lamento, e o lamento máis unha vez á masoquista tradición da autoculpabilización. Estes días amosaron con crueza a faciana do paralizante sentimento de frustración que provocan nalgúns sectores os “fracasos”.

Seguir lendo “Sermos Galiza na comunicación.”

Nas “III Xeiras sobre a lingua galega” dos Comités da UVigo.

Vídeos coa miña intervención nas III Xeiras.

http://tv.uvigo.es/swf/player.swf

(De non cargar á primeira recarca a páxina completa F5)

Os pasado 9,10 e 11 de febreiro os Comités da Universidade de Vigo organizaron a III edición das “Xeiras sobre a lingua galega”, cun excelente programa no que abordaron a cuestión idiomática desde diferentes enfoques, desde o eido cultural até o comercial pasando polo deporte. Os Comités brindaronme a oportunidade de palestrar nas xeiras dentro do bloque “O galego nos movementos sociais”, en calidade de Secretario da Federación Veciñal de Vigo e xunto a Cruz Matínez -que representaba a Federación Galiza Cultura-, feito polo que fico tremendamente agradecido, xa que me permitiu expor algunhas reflexións e compartilas cun público ben interesante e do que percibín unha elevada receptividade e simpatía para con a causa do noso idioma.

Ademais do vídeo da miña intervención que encabeza esta entrada convídovos encarecidamente a que visionedes o seguinte vídeo, que presento no interior, no que se recolle integramente a Rolda de Preguntas que seguiu ás dúas intervencións iniciais e que foi tremendamente ricaz e construtiva, abondando en aspectos moi importantes en relación á situación do noso idioma na cidade de Vigo desde a óptica de quen facemos parte dos movementos sociais. Seguir lendo “Nas “III Xeiras sobre a lingua galega” dos Comités da UVigo.”

Nas "III Xeiras sobre a lingua galega" dos Comités da UVigo.

Vídeos coa miña intervención nas III Xeiras.

http://tv.uvigo.es/swf/player.swf

(De non cargar á primeira recarca a páxina completa F5)

Os pasado 9,10 e 11 de febreiro os Comités da Universidade de Vigo organizaron a III edición das “Xeiras sobre a lingua galega”, cun excelente programa no que abordaron a cuestión idiomática desde diferentes enfoques, desde o eido cultural até o comercial pasando polo deporte. Os Comités brindaronme a oportunidade de palestrar nas xeiras dentro do bloque “O galego nos movementos sociais”, en calidade de Secretario da Federación Veciñal de Vigo e xunto a Cruz Matínez -que representaba a Federación Galiza Cultura-, feito polo que fico tremendamente agradecido, xa que me permitiu expor algunhas reflexións e compartilas cun público ben interesante e do que percibín unha elevada receptividade e simpatía para con a causa do noso idioma.

Ademais do vídeo da miña intervención que encabeza esta entrada convídovos encarecidamente a que visionedes o seguinte vídeo, que presento no interior, no que se recolle integramente a Rolda de Preguntas que seguiu ás dúas intervencións iniciais e que foi tremendamente ricaz e construtiva, abondando en aspectos moi importantes en relación á situación do noso idioma na cidade de Vigo desde a óptica de quen facemos parte dos movementos sociais. Seguir lendo “Nas "III Xeiras sobre a lingua galega" dos Comités da UVigo.”

Dicionario de galego incorporado no blogue.

Facendo uso das ferramentas para webmasters que Edicións Ir Indo amabelmente fornece desde o sitio web do seu dicionario de galego (funcionando desde hai pouco en modalidade premium), veño de incorporar o devandito dicionario no blogue, de tal xeito que ao premeres dúas veces sobre calquera das palabras contidas nas súas entradas ou comentarios abrirase … Seguir lendo Dicionario de galego incorporado no blogue.

[!] Resultados da enquisa: Ao fío do debate lingüístico.

A maioría discrepa das teses do IGEA, avala a actual posición do BNG e aposta pola hexemonía social do galego como obxectivo estratéxico.

Rematado o período de votación na enquisa, que se iniciou o 24 de decembro e rematou o derradeiro día do pasado ano 2010, a seguir preséntovos unha síntese co máis destácabel dos resultados da mesma. Seguir lendo “[!] Resultados da enquisa: Ao fío do debate lingüístico.”

“É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua”

Culpabilizar ao nacionalismo galego da situación do noso idioma é tanto como acusar ao movemento anti-apartheid da discriminación racial que combatía.

Conforme o debate/polémica encol da necesidade (ou non) de reformulación do discurso que ha de soster o movemento de defensa da lingua xurdido ao abeiro do Informe IGEA, máis ás claras vai quedando o que realmente subxace tras del. Baixo esa aparente pretensión de remozar e anovar o discurso en defensa do galego agroman cada vez con maior claridade posicións que teñen intencións ben diferentes. Disto xa falei nun recente artigo, ao denunciar a intención oculta de aproveitar este debate sobre o xeito no que actuarmos para modificar os obxectivos da nosa actuación.

Mais hai algunhas intervencións públicas que resultan tremendamente preocupantes por presentar “argumentacións” certamente inaceptábeis. Unha das que maior indignación me provocou é da autoría de XOsse Dorrío, que nun comentario no grupo de Facebook “Debate sobre un novo discurso lingüístico” -impulsado por Filipe Diez-, que é un dos puntos da Rede onde se está a concentrar o intercambio de pareceres que algúns queren elevar á categoría de debate, deitou a barbaridade que vos presento a seguir: Seguir lendo ““É o nacionalismo paleto o que afoga a lingua””