As vitorias do espellismo reformista

As presidenciais francesas saldáronse coa vitoria da alternancia representada polo social-liberal François Hollande fronte ao neocon Sarkozy. Os comicios lexislativos en Grecia tiveron un resultado inédito mais non sorpresivo.

O certo é que o núcleo duro do eixo neoliberal foi claramente derrotado en ambos procesos electorais. As forzas políticas obedientes aos ditados da troika neoliberal (Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional) foron moi castigadas, especialmente no caso grego. Nese senso ambos resultados poden constituír un síntoma positivo. Un sinal de incipiente reacción social fronte a ofensiva do capital e a súa política de saqueo contra as clases populares. Porén, nas eleccións desta fin de semana triunfou fundamentalmente o espellismo das falsas ilusións.

Seguir lendo “As vitorias do espellismo reformista”

Reposta dos traballadores.

Tres millóns de franceses secundaron a segunda folga xeral da era Sarkozy, días despois de que 200.000 traballadores portugueses ateigaran Lisboa, da man CGTP-IN, nunha xornada histórica. Ambas convocatorias son o resultado do profundo descontento e desacordo da clase traballadora, fronte á resposta que dende os gobernos europeos se está a dar fronte a crise … Seguir lendo Reposta dos traballadores.