Sortu: a "democracia" española a proba.

A non legalización de Sortu evidenciaría que o problema non é a violencia, senón a deliberada exclusión dun proxecto político.

Conversaba hai meses cun coñecido meu respecto do conflito político en Euskadi. Cando eu lle manifestaba a miña completa oposición á antidemocrática Lei de partidos, el retrucaba sereno esgrimindo o argumentario que reproducen os media españois. “¡É sinxelo: que condenen a violencia!”, exclamaba. Eu respostáballe que inda compartindo con el a necesidade de que a esquerda abertzale apostase decidida e unicamente pola vía política, iso non ía bastar a quen a esixe cando se producise. Sorriu con escepticismo, xa que lle parecía imposíbel que o abertzalismo acabase dando ese paso decisivo.

Díxenlle que non bastaría cumprir con ese requirimento e cos demais recollidos no articulado da infame Lei de partidos. Non ía bastar, pois a cada requisito cumprido, a cada proba superada, iríanse engadindo máis e máis, coa pretensión de facer esmorecer por esgotamento a vontade democrática de soster ese proxecto político desde as institucións. Porque o conflito vasco non ten a ver unicamente coa violencia. Seguir lendo “Sortu: a "democracia" española a proba.”

Sortu: a “democracia” española a proba.

A non legalización de Sortu evidenciaría que o problema non é a violencia, senón a deliberada exclusión dun proxecto político.

Conversaba hai meses cun coñecido meu respecto do conflito político en Euskadi. Cando eu lle manifestaba a miña completa oposición á antidemocrática Lei de partidos, el retrucaba sereno esgrimindo o argumentario que reproducen os media españois. “¡É sinxelo: que condenen a violencia!”, exclamaba. Eu respostáballe que inda compartindo con el a necesidade de que a esquerda abertzale apostase decidida e unicamente pola vía política, iso non ía bastar a quen a esixe cando se producise. Sorriu con escepticismo, xa que lle parecía imposíbel que o abertzalismo acabase dando ese paso decisivo.

Díxenlle que non bastaría cumprir con ese requirimento e cos demais recollidos no articulado da infame Lei de partidos. Non ía bastar, pois a cada requisito cumprido, a cada proba superada, iríanse engadindo máis e máis, coa pretensión de facer esmorecer por esgotamento a vontade democrática de soster ese proxecto político desde as institucións. Porque o conflito vasco non ten a ver unicamente coa violencia. Seguir lendo “Sortu: a “democracia” española a proba.”

Oportunidade histórica para a paz en Euskal Herria.

A valoración do escenario que se abre tralo cesar-o-fogo declarado por ETA só pode ser positiva por ser un paso ben importante que viabiliza o arelado final do conflito.

“ETA decidiu declarar un cesar-o-fogo permanente e de carácter xeral, que pode ser verificado pola comunidade internacional”. Até aí o fragmento máis difundido (inda que de xeito parcial e mesmo ultraresumido) do comunicado de ETA feito público no día de onte. Sen restarlle a relevancia que ten ese cacho o texto que lle sigue encerra tamén un elevado significado que está a ser obviado.

“Este é o compromiso firme de ETA cun proceso de solución definitivo e co final da confrontación armada” prosigue. Seguir lendo “Oportunidade histórica para a paz en Euskal Herria.”