A necesaria saída do euro.

Que o denominado proceso de construción europea, que cristalizaría na UE e no euro, era alentado e orientado -desde os seus inicios- como unha vía para fortalecemento da incipiente oligarquía empresarial do vello continente non é algo descoñecido. Os sucesivos tratados europeos, e boa parte da lexislación comunitaria, veñen confirmando reiteradamente que o deseño da actual Unión Europea obedecía, e obedece, aos intereses das clases dominantes, do capital. A experiencia empírica acaba de avalar que as posicións de esquerda que se opuñan á construción da Europa do Capital, non só non eran erradas senón que mesmo foron moderadas en función da evolución recente da unión.

A UE acaba de axer desde os albores da crise sistémica vixente como mera sucursal ou destacamento das organizacións de goberno transnacional que o gran poder económico, empresarial e financeiro sostén, isto é o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial. A Unión Europea, e dentro dela de xeito especialmente intenso a propia Comisión, actuou como un claro axente de estímulo -cando non imposición- do modelo de capitalismo neoliberal que remataría por producir a crise que padecemos. As súas políticas, lonxe de apontoar o Estado do Benestar, teñen sido orientadas á forzosa imposición da desregulación a favor de mercados presuntamente liberalizados -nos que campan variados cárteles transnacionais- e adelgazar o Estado social.

Seguir lendo “A necesaria saída do euro.”

A Bruxelas.

political-activism-on-the-net

O vindeiro mércores 11 de novembro participarei, como co-poñente galego, no seminario “Activismo político na web: como xerar discusión política en internet?”, organizado polo grupo ALE/Os Verdes (por iniciativa de ERC), no Parlamento Europeu (Bruxelas).

A delegación galega, que estará presente grazas ao traballo da voceira do BNG no P.E., Ana Miranda, confórmana tamén:

  • Marcos Pérez Pena, Doutor en Ciencias da Comunicación pola USC e blogueiro.
  • María Yáñez Anllo, xornalista e produtora de contidos para a Rede.
  • Manuel M. Barreiro, coordinador editorial dixital.
  • Xosé Manoel Pereiro, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza e blogueiro.
  • Manoel Santos, presidente e fundador de Altermundo.
  • Antón Baamonde, profesor de filosofía, articulista e blogueiro.
  • Fernando Arrizado, redactor de Vieiros.
  • Xurxo Salgado, coordinador de Galicia Confidencial.
  • Filipe Díez, profesor e blogueiro.

Seguir lendo “A Bruxelas.”

O forzado "SI" irlandés.

LisbonTreatyWeb

Que finalmente Irlanda acabaría ratificando mediante referendo o antisocial e reaccionario Tratado de Lisboa, era algo sabido. Non porque o pobo irlandés valore positivamente o tratado constitucional europeo, senón porque a UE e o propio goberno irlandés non ían desistir até conseguir o resultado desexado. O único que estaba no aire era cando sucedería.

Sumada á estratexia de desinformación que xa caracterizara a campaña a favor do proxecto de Constitución Europea, que liquidaron os pobos francés e holandés coa súa negativa en referendo, desta volta a UE empregou a baza do medo, ligando un posíbel (nunca concretado) apoio económico da Unión a Irlanda, para axudarlle a superar a difícil situación económica que atravesa o país, á aprobación do Tratado. Despregando ademais unha impoñente campaña a favor do SI cunha inxente cantidade de recursos e cun papel activo da maquinaria mediática ao servizo do grande capital.

Seguir lendo “O forzado "SI" irlandés.”

O forzado “SI” irlandés.

LisbonTreatyWeb

Que finalmente Irlanda acabaría ratificando mediante referendo o antisocial e reaccionario Tratado de Lisboa, era algo sabido. Non porque o pobo irlandés valore positivamente o tratado constitucional europeo, senón porque a UE e o propio goberno irlandés non ían desistir até conseguir o resultado desexado. O único que estaba no aire era cando sucedería.

Sumada á estratexia de desinformación que xa caracterizara a campaña a favor do proxecto de Constitución Europea, que liquidaron os pobos francés e holandés coa súa negativa en referendo, desta volta a UE empregou a baza do medo, ligando un posíbel (nunca concretado) apoio económico da Unión a Irlanda, para axudarlle a superar a difícil situación económica que atravesa o país, á aprobación do Tratado. Despregando ademais unha impoñente campaña a favor do SI cunha inxente cantidade de recursos e cun papel activo da maquinaria mediática ao servizo do grande capital.

Seguir lendo “O forzado “SI” irlandés.”

A esquerda avanza na Alemaña.

A conservadora CDU de Angela Merkel perdeu a maioría absoluta en dous dos tres estados onde o domingo pasado se celebraron eleccións rexionais e municipais, cun retroceso de máis de dez puntos nos länder de Sarre e Turingia. Pese a este serio revés, o partido da actual chanceler continúa sendo a primeira forza política na meirande parte dos estados que compoñen a federación alemá.

Porén, a gran sorpresa foi o excepcional resultado obtido por Die Linke, A Esquerda, que liderada por Oskar Lafontaine e Gregor Gysi, se confirma como a segunda forza política no leste alemán, a moita distancia do SPD. O mellor resultado produciuse no Sarre, onde a candidatura do Die Linke acadou o 21% dos votos, cun incremento de 18 puntos. O socialdemócrata SPD, actualmente coligado a escala federal coa CDU de Merkel, continúa pola súa banda o seu retroceso iniciado coa derrota de Gerhard Schroeder, aínda que nestes comicios deu síntomas de comezar a desaceleralo lixeiramente.

Seguir lendo “A esquerda avanza na Alemaña.”

Europa a cinco anos vista.

Antes de nada situemos a cuestión. As de onte foron unhas eleccións europeas; nin xerais (coma o PP pretende dar a entender para capitalizar a súa pírrica vitoria a nivel de estado), nin galegas, coma semellaba onte ao escoitar a Nuñez Feijóo, nin municipais. Os resultados obtidos polo BNG, pese a ser a forza cun … Seguir lendo Europa a cinco anos vista.

Vence a Europa.

O Consello Nacional do BNG decidiu por amplísima maioría concorrer ás eleccións europeas coligados con ERC, EA e Aralar. A decisión, ademais de oportuna en termos tácticos, dota de maior acomodo ideolóxico ao proxecto do BNG. A crise sistémica é un factor crucial a ter en conta, e as alternativas para facerlle fronte, terán que … Seguir lendo Vence a Europa.

Que está en xogo en Europa?

As eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar o vindeiro mes de xuño, son uns comicios importantes para o noso país. Non son, como pretende o PP e o PSOE, unha mera reválida da política estatal, nin tampouco unha convocatoria inútil ou irrelevante. En Europa tómanse a cotío decisións importantes, de tremenda trascendencia e que … Seguir lendo Que está en xogo en Europa?

O exame europeo.

O 7 de xuño terán lugar as eleccións ao Parlamento Europeo. Cámara que segue a ser descoñecida para a meirande parte da cidadanía, que ignora cal é o cometido desa custosa estrutura institucional. A negativa por parte das forzas estatais -PSOE, PP e IU- a mudar o ámbito territorial da circunscrición electoral (que agora é … Seguir lendo O exame europeo.

Eleccións, Europa e nós

Co calendario na man, é evidente que a principal prioridade, no que ten que ver cos procesos electorais, son as eleccións galegas do vindeiro 1 de marzo. Con todo, non podemos perder de vista os comicios europeos que terán lugar apenas tres meses despois, en xuño. A sucursal bipartidista do establishment político do sistema, isto … Seguir lendo Eleccións, Europa e nós