Ética e dignificación da política.

A teima sistémica por bater contra da política non é nova. O discurso das clases dominantes, a través do cal transmiten o seu alienante pensamento único, insiste unha e outra vez en desprestixiar a acción política, reducíndoa as máis das veces á pantomima institucional da partitocracia do sistema. A ferramenta coa que mellores resultados teñen colleitado nese cometido fondamente antidemocrático é a da xeneralización. Baixo a coartada da intolerábel caricatura do “todos son iguais” practican a vella táctica da lura, sementando a confusión que empregan para actuar coma se tivesen total inmunidade.

Todo para desalentar a participación política. Para afastar ás clases populares, á maioría social, do espazo público e manter así o seu particular monopolio sobre deste. Para minar a simpatía e apoio social a alternativas transformadoras.

Seguir lendo “Ética e dignificación da política.”